As ondas radiofónicas lévannos ata o Museo Provincial de Lugo, onde xa está inaugurada a exposición ‘Modelando vidas’ dedicada ao escultor Juan Puchades. A mostra conta con 47 obras, así como tamén maquetas de obras públicas e esbozos.
Neste ‘Diario Cultural’ falamos con Aurelia Balseiro, comisaria da mostra, quen destaca a obra en ferro do autor: “El modela en ferro, non é que estea soldando placas de ferro”. O resultado son pezas cunha carga moi alta de expresividade e emoción. Obras como ‘Muller con fillo’, ‘Berro ao baleiro ou ‘Opresión materialista’ transmiten a dor, a angustia e a dureza do traballo.