A Coruña entrégase á astronomía e a loita contra a contaminación lumínica

A Coruña reafírmase como un dos centros de estudo da astronomía coa conferencia O bo, o feo e o malo. Contaminación luminosa en Europa e nos Estados Unidos.

Celebrarase o venres 6 de setembro ás 20:00 no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, como conferencia extraordinaria do II Encontro da Noite, que conta co apoio do Concello da Coruña.

O profesor e investigador italiano Fabio Falchi é un dos maiores expertos mundiais en contaminación luminosa. Fabio é o principal responsábel científico, con Pierantonio Cinzano, do Atlas mundial do brillo do ceo, cuxa segunda edición se publicou en 2016 e que é a principal ferramenta para a avaliación da calidade do ceo en todo o planeta.

Ademais, entre o 30 de abril e o 4 de maio a cidade herculina acollerá o XXIV Congreso Estatal de Astronomía.

Pin It on Pinterest

0 Shares
Share
Tweet
Share