Un retorno sempre a medias. Coñecemos ‘A auga do lobo’ o primeiro poemario da promotora musical Cristina V. Preséntase mañá en Compostela a obra editada por Toxosoutos e ilustrada por Camila Vieitez. Unha viaxe Galiza -Madrid – Galicia entre o familiar e o salvaxe.