Todas as colaboracións

Detémonos na arte plástica de Isaac Díaz Pardo polo centenario do seu nacemento

Coa nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, facemos un pequeno paréntese no percorrido por diferentes referencias de arte nas rúas e espazos públicos, para falar do centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, cumprido este sábado 22 de agosto.

Falamos das obras do escultor Silverio Rivas, “A porta do Atlántico”, en Vigo, e a “Ara Solis”, na Coruña

Seguimos falando de arte pública nas rúas e espazos públicos coa nosa colaboradora Rosario Sarmiento.

Silverio Rivas é un dos grandes nomes da escultura contemporanea en Galicia, home da gran capacidade de traballo e  profundo coñecemento das técnicas e os máis diversos materiais. As súas obras son o resultado de percorrer as etapas do intenso camiño que iniciou de neno, con apenas 10 anos,  sendo aprendiz xunto ao seu pai no taller de carpintería familiar: a Escola de Artes e Oficios de Vigo, os seus estudos en Madrid, a súa estancia en París, os anos de duro traballo na canteira de Porriño, o seu actual taller en Tui. Sempre unido á linguaxe da abstracción do que foi pioneiro en Galicia, Silverio Rivas é un gran coñecedor da materia e as súas leis.

A Porta do Atlántico” é un das obras de arte publica máis coñecidas e referenciais de Vigo. Ésta composta por tres bloques: a porta propiamente dita de  14 m. de altura e outras duas pezas, situadas ao principio da Gran Via e da Avenida de Castelao. Trátase dunha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron de Vigo cara as Américas durante os séculos XIX e XX.

A “Ara Solis” é un “altar ao sol” que é tamén un gran umbral granítico, unha porta que simboliza o paso ao mar, a terra e o vento, case aos pés da Torre de Hércules, o milenario faro romano da Coruña.
 


“Familia de Menhires” ou “Menhires pola paz”: a instalación deseñada por Manolo Paz en 1994 baixo a Torre de Hércules

A nosa colaboradora de arte pública na rúa, Rosario Sarmiento, vén falarnos dunha das intervencións máis singulares de Manolo Paz: “Familia de Menhires” ou “Menhires pola paz“. Un conxunto de 12 menhires cravados sobre a liña marítima do horizonte, que de forma elíptica acoutan o espazo convertidos xa nun símbolo da cidade.

Con esta obra Manolo Paz non só consegue unha perfecta simbiose entre obra e espazo físico e temporal, senon a tradución do seu propio vocabulario creativo a unha obra que se compromete coa contorna, transformándoo e enriquecéndoo. 

Manolo Paz é sen dúbida, un dos nomes de referencia na escultura contemporánea en Galicia destas últimas décadas. Formado a finais da década dos setenta na Escola de Artes e Oficios Santiago de Compostela, o comezou a darse a coñecer ao cultivar excelentes críticas durante a súa participación na V Bienal Nacional de Pontevedra cos seus característicos traballos en pedra. Xunto a Leiro, Menchu Lamas, Patiño e Lamazares converteuse nun dos valores plásticos máis destacados do panorama artístico galego de comezos dos anos 80

As referencias das súas escultura ancóranse na cultura celta relacionada co mundo megalítico e  castrexo. É un creador que desenvolveu ao longo da súa carreira un estilo propio, cuxa referencia máis clara é o seu traballo coa pedra , aínda que tamén traballou outros materiais como o metal ou a madeira, combinando esta última coa pedra . 

Arte na rúa: O Mural da Canteira

A nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento fálanos hoxe de arte pública nas rúas.

Dado que estamos nun verán bastante diferente, agora máis que nunca esa “arte na rúa” non ten problema para ser visualizada polo público en calquera momento.

Comezamos cunha das referencias da arte pública máis interesantes que hai en Galicia: O Mural da Canteira, de Leopoldo Nóvoa na Coruña. Realizado no Parque de Santa Margarida, en 1989 foi plantexada por Nóvoa como unha prolongación temática e conceptual do Mural do estadio do Cerro realizado tamén por el entre 1960-64 en Montevideo. En ambos proxectos Nóvoa traballará nunha linguaxe plenamente informal e nunha integración das artes plásticas e a arquitectura.

Leopoldo Nóvoa (Salcedo, Pontevedra 1919 – París, 2012) é un dos grandes referentes da arte abstracta tanto dentro como fóra de Galicia na segunda metade do século XX.  Foi un artista moi riguroso e un home reflexivo e profundo, que viviu unha longa e prolífica existencia en países e circunstancias moi dispares. Iso fixo del un personaxe cosmopolita e de vasta cultura. En decembro do pasado ano, cumpriuse o 100 aniversario do seu nacemento.

 

O pintor Santiago Ydañez expón no Pazo Torrado de Cambados

Na colaboración de Rosario Sarmiento no Diario Cultural falamos da exposición do pinor Santiago Ydañez no Pazo Torado de Cambados.
Está considerado un dos pintores españois con maior proxección internacional. Obtivo numerosos premios e recoñecementos.

No seu traballo predominan as obras de gran formato, con temática de natureza, paisaxe, animais, o ser humano e a morte. Temas cotiáns que el recrea cunha linguaxe única, con acento expresionista.

Na súa pintura hai unha referencia constante ao valor dos rostros e a súa expresión. Para él, o rostro resume moi ben como é o ser humano e a súa complexidade.

O Museo de Pontevedra expón ‘Debuxantas’

A colaboradora do Diario Cultural Rosario Sarmiento fálanos da mostra ‘Debuxantas’, no Museo de Pontevedra.
Debuxantas é unha mostra que reúne os traballos das principais ilustradoras que traballaron para a revista Blanco y Negro e o diario ABC desde finais de 1891 ata os anos noventa do pasado século. Producida polo Museo ABC da Ilustración a partir dos seus fondos, aglutina un total de máis de 130 obras de 40 ilustradoras.
As figuras das mulleres ilustradoras son practicamente descoñecidas. Os seus nomes están moitas veces agochados tras pseudonimos masculinos que ocultaron a súa autentica personalidade.
O percorrido da exposición segue un criterio temporal e esta articulada en catro etapas que abarcan case un século de ilustradoras españolas. A través das miradas desta mulleres ilustradoras podemos ver moitas características da vida social e cultural da época que lles tocou vivir e da que foron importantes testemuñas.

A mostra ‘Caosmos Antón Patiño’, no CGAC de Compostela

Na colaboración de Rosario Sarmiento falamos da mostra ‘Caosmos Antón Patiño’, no CGAC de Santiago de Compostela.
Esta mostra é unha aproximación á traxectoria de Antón Patiño, un dos creadores de maior relevancia na plástica galega contemporánea.

A volta dos museos e os centros culturais

Na colaboración de Rosario Sarmiento falamos do retorno dos museos e os centros culturais, despois de máis de dous meses pechados ao público.

Algúns como o Museo de Pontevedra van prorrogar as súas exposición temporais ata o 30 de agosto. Unha delas, “Debuxantas, pioneiras da ilustración inaugurouse un día antes do inicio do Estado de Alarma. 

Falamos do fotógrafo Manuel Vilariño e a súa mostra “Rizoma” e “The Tempest”

Falamos do fotografo Manuel Vilariño e das súas dos mostras Rizoma, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela e The Tempest na galeria Vilaseco de A Coruña.

Na sala de exposicións do Castelo de Pambre pódese visitar a mostra “Pintor no taller”, de Xabier Correa Corredoira

Trátase da primeira dunha serie de exposicións dos artistas que integraron o grupo Atlántica e que finalizará no outono cunha retrospectiva de todo o grupo, que teñén como escenario este espazo.
Estas exposicións están organizadas no castelo de Pambre polo Instituto de Estudos Ulloáns.
Correa Corredoira é por traxectoria e oficio un creador de referencia na plástica galega contemporánea. Cunha traxectoria que inicia nos anos setenta vinculado a colectivos como a GALGA, colectivo que se crea co afán de modernizar e liberalizar a arte daquel momento. A principios dos oitenta, integrase na ceación do colectivo “Atlántica”, co que participa nas mostras de Baiona, Madrid, Salvaterra do Miño e Compostela. Posteriormente constitue xunto a outros artistas coruñeses, a emblematica galeria GrupOrzán, fundamentada nunha votande democratizadora do mercado artístico.
Pintor, gravador, debuxante, muralista o seu amplisimo rexistro como creador plástico está impregnado do espíritu dun creador libre e independente, cunha obra de caracter figurativo, baseada na  sua necesidade de pintar vendo o mundo, na que o espazo e sobre todo o papel da cor son fundamentais

Pin It on Pinterest