Todas as colaboracións

A banda de gaitas Xarabal publica novo disco

No Diario Cultural descubrimos as últimas novidades en música tradicional con Emilio Españadero.

Xarabal publica novo disco, Camiño da Ribeira. Nel inclúen a versión dunha peza composta polo gran Nazario González Iglesias.

Eva Tejedor & Les Pandereteres, Premio AMAS ao mellor disco folk da música asturiana para o seu traballo “Léntamu”

Comezamos felicitando a Eva Tejedor & Les Pandereteres polo Premio AMAS ao mellor disco folk da música asturiana para o seu traballo “Léntamu”.

A continuación ofrecemos diversas novidades musicais galegas: Entre Trastes, Sés, Cristian Silva e, por último, Xosé Lois Romero & Aliboria (que presentarán o seu novo disco en Lume Na Palleira o vindeiro domingo).

Especial músicas do Entroido

Neste Diario Cultural con Emilio Españadero, o entroido e as súas músicas serán os protagonistas desta colaboración.

O grupo portugués Companhia Do Canto Popular presenta ‘Rebento’

Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos con Emilio Españadero unha peza composta polo mestre Ernesto Campos e un dos temas do disco “Rebento”, que nos presentará o grupo portugués Companhia Do Canto Popular.

Seguindo con novidades ofrecemos tamén as propostas de María Do Ceo, Oïma e Sangre de Muérdago.

Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre presentan novo disco

Comezamos hoxe co primeiro adianto, recentemente estreado, do que será o novo disco de Xabier Díaz & Adufeiras De Salitre.

A continuación, escoitamos os dous traballos que se presentarán no Lume Na Palleira do vindeiro domingo: “L’Entamu” de Eva Tejedor & Les Pandereteres e o libro-disco colectivo sobre textos de Antón Cortizas “O Colo Das Palabras”.

Por último, os protagonistas serán os escoceses Ross Ainslie & Tim Edey, que actuarán o vindeiro bado en Ortigueira, e o sempre lembrado Suso Vaamonde, a quen se lle rendirá homenaxe o vindeiro domingo en Regodobargo no vixésimo aniversario do seu falecemento.

Bailamos ao son do grupo A Banda Da Loba, que o vindeiro domingo presenta no Lume Na Palleira o seu novo disco “Fábrica De Luz”

Bailamos ao son do grupo A Banda Da Loba, que o vindeiro domingo presenta no Lume Na Palleira o seu novo disco Fábrica De Luz

Ademáis, ofrecemos varios adiantos e novidades musicais galegas a cargo de Sés, A Banda De Lombás, Fernando Barroso & Banda e Charamuscas.

A nova edición do Festival de Ortigueira

No colaboración de Emilio Españadero no Diario Cultural falamos dalgúns dos grupos confirmados na vindeira edición do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Entrevistamos a Alberto Balboa, coordinador do festival.

Ofrecemos unha escolma de fusións e curiosidades musicais, de recente publicación, a cargo de Laroá, Maianas, A Banda Da Loba e Nelson Quinteiro & Brais González

Ofrecemos hoxe unha escolma de fusións e curiosidades musicais (de recente publicación) a cargo de Laroá, Maianas, A Banda Da Loba e Nelson Quinteiro & Brais González.

Ademais, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos unha das pezas incluidas no novo traballo discográfico que o grupo A Quenlla presentará no programa: “Trobador No Camiño (As Cantigas De Martín De Padrozelos)”.

Ofrecemos hoxe un adianto de “Non Hai Fallo”, o novo disco do grupo Abóbriga que presentarán o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira

Ofrecemos hoxe un adianto de “Non Hai Fallo”, o novo disco do grupo Abóbriga que presentarán o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira.

Tamén falamos con Ramón Dopico sobre as distintas actividades previstas na XI Xornada De Cultura Popular Galega, organizada en San Sadurniño por Berros Do Castro.

Ofrecemos hoxe os sons de dúas propostas musicais chegadas desde terras veciñas: D’ Urria (Bierzo) e Cerezal (Asturias)

Ademais estreamos o traballo publicado pola Asociación Cultural Trepia, que titularon “Suán”, e tamén un segundo adianto do novo disco das Tanxugueiras, “Contrapunto”, que sairá á venda o día 22 e que presentarán o vindeiro domingo, día 25, en Lume Na Palleira.

Pin It on Pinterest