Todas as colaboracións

Chega á Coruña “Intersección”: un Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo

Beli Martínez fálanos de “Intersección”: Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, que dende o 24 ao 27 de outubro está na cidade de A Coruña. 

Facemos un percorrido pola obra de Oliver Laxe

Tempo de cine coa nosa experta Beli Martínez. Facemos un percorrido pola obra de Oliver Laxe dende as súas primeiras curtas ata a gran premiada e recoñecida ‘O que arde’.

Comeza a mostra “Cinemas Ocultos”

Falamos de mostras que se están a celebrar en Vigo e Cangas. Unha desas mostras son os Cinemas Ocultos que comeza hoxe coa proxección de ‘Hamada’, de Eloy Domínguez Serén.

Os cinemas galegos amosan o cine galego que non chega ás salas comerciais. Tamén porán o foco no cinema islandés, un cinema descoñecdio nesta latitude.

Neste Diario Cultural imos ata Vigo, onde ten lugar o ciclo ‘Mulleres, patrimonios e sociedade’, organizado polo Consello da Cultura Galega. Unha mostra que xa se organizou en Braga.

O cine galego, no Festival de Cine de Toronto

Beli Martínez define como ‘histórico’ o éxito do cine galego no Festival de Cine de Toronto. Catro películas galegas chegaron ata estes prestixiosos premios.

Falamos das Xociviga 2019 do Carballiño

Na sección de audiovisual con Beli Martínez falamos das Xociviga 2019 do Carballiño, un dos eventos con máis historia do cinema galego.

O talento galego no Festival de Locarno

Na sección de audiovisual con Beli Martínez falamos da selección de filmes galegos ou de produtoras galegas que estarán no Festival de Locarno.

Falamos de “Hamada”, un documental sobre o conflito saharauí

Falamos con Beli Martínez da estrea en salas do documental “Hamada”, un traballo de Eloy Domínguez Serén sobre o conflito saharauí.

O CeMAC, un curso de verán da Fundación Carlos Casares

Na sección con Beli Martínez falamos do CeMAC, un curso de verán da Fundación Carlos Casares.

A asociación de realizadores audiovisuais entrega os Premios Crea

Na sección de Beli Martínez falamos dos Premios Crea. Entre os premiados temos a Oliver Laxe, pola internacionalización do noso cinema. As mulleres de Teño unha horta en San Sadurniño reciben o premio á igualdade por poñer en valor o rural e achegar as novas tecnoloxías ás mulleres de San Sadurniño.

Chega a Coruña o S8

Beli Martínez fálanos do Festival S8, a Mostra de Cinema Periférico de A Coruña

Pin It on Pinterest