Todas as colaboracións

Falamos do filme ‘Trinta Lumes’, de Diana Toucedo

Neste espazo de cine con Begoña Vázquez, directora de Sala 5, falamos da proxección de Trinta Lumes e dos candidatos aos premios Mestre Mateo, a gran gala do audiovisual galego.

Esta fin de semana chega aos cines galegos Trinta Lumes, de Diana Toucedo. Haberá pases especiais nos cines Codex de Lugo, no Numax de Santiago, nos Cantóns da Coruña e nos Multicine Norte de Vigo.

A peza comeza coa desaparición dunha rapaza e afonda no misterio da vida e a morte. Diana Toucedo quixo mesturar o visible e o invisible nunha historia brumosa sobre a montaña de Lugo.

Tamén falamos dos Mestre Mateo. A partir das máis de 400 candidaturas presentadas ao longo das últimas semanas, a Academia Galega do Audiovisual seleccionou a catro finalistas por cada unha das 25 categorías.

A participación galega nos Premios Goya

Faltan dous días para a entrega dos Premios Goya en Sevilla. Nesta sección de cine con Begoña Vázquez falamos da participación galega nestes galardóns.

A película con máis nominacións é ‘A sombra da lei’, de Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner. Aspira a seis estatuíñas e a maioría delas son técnicas como efectos especiais, dirección artística, fotografía ou música orixinal.

Outra longametraxe con selo galego é a animación ‘Memorias dun home en pixama’, do director galego Carlos Fernández de Vigo.

Tamén temos a curta de animación ‘Soy una tumba’, do debuxante de Cangas Khris Cembe. Está ambientada nun pobo costeiro galego na época do contrabando.

Na sección de documentais está o director vigués Guillermo de Olivero con ‘Desenterrando Sad Hill’.

Na categoría de curtametraxes de ficción está a xoia de ‘Matria’, de Álvaro Gago. Unha peza de vinte minutos nunha conserveira de Arousa na que cobra moita importancia a relación da protagonista coa súa familia.

Logo temos a Luíz Zahera, candidato como actor secundario por ‘El Reino’. Na categoría de protagonistas está o ferrolán Javier Gutiérrez que aspira ao Goya por ‘Campeones’.

Falamos da película “The old man and the gun”

Como cada xoves, falamos de cine neste espazo cultural. A directora de Sala5, Begoña Vázquez, recoméndanos ver o filme “The old man and the gun”.

Chega aos cines a película grega ‘La Favorita’

Begoña Vázquez, directora do programa de cine sala5, recomendános hoxe unha das películas favoritas para os Oscar: ‘La Favorita’, do grego Yorgos Lanthimos.

‘La Favorita’ é unha película de mulleres, ó igual ca española “Gente que viene y bah”, protagonizada por Clara Lago e Carmen Maura, que tamén chega ós cines este venres.

‘Memorias dun home en pixama, a grande aposta do cine galego

O filme ‘Memorias dun home en pixama’ é a grande aposta do cine galego, baixo a dirección de Carlos Fernández e María Castro como actriz protagonista.

Neste espazo de cultura falamos con Ángel de la Cruz, guionista e produtor da película.

A película ‘Memorias de un hombre en pijama’ pre-estréase en Santiago

‘Memorias de un hombre en pijama’ a primeira longametraxedo vigués Carlos Fernández de Vigo, preséntase hoxe en Compostela, unha semana antes da estrea oficial no conxunto de España.

Begoña Vázquez falounos desta película de animación do mesmo debuxante quefixera a exitosa ‘Engurras’.

Mención tamén a estrea destacada desta semana: Tiempo después, a nova película de José Luis Cuerda.

Quen son os candidatos aos Premios Goya?

A directora de sala5, Begoña Vázquez, analiza as películas e producións galegas que entran na carreira final para os Goya.

Destacan as 6 candidaturas da película de Dani de la Torre “La sombra de la ley” e a entrada en liza de fitas pequenas, como Matria ou Soy una tumba, que se van visibilizando no audiovisual español.

Remata Cineuropa, co Premio a Morris, e comeza o OUFF

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, relatounos o emocionante que foi a entrega, onte, do Premio Cineuropa a Antonio Durán ‘Morris’.

Remata o festival compostelán, no que se proxectaron máis de 300 películas, e comeza a 23ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense. O OUFF principia hoxe coa proxección do documental de Kepa Junquera, ‘Mar de tierra’.

Medo baseado en feitos reais co filme ‘The Guilty’

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, recomenda esta semana o thriller danés ‘The Guilty’. Este filme transcorre dentro dun cuarto e ten un so protagonista, un operador dun servicio de urxencias.

Con tan poucos recursos, ‘The Guilty’ convértese nun thriller de acción que atrapa de principio a fin. Unha nova sorpresa do puxante cine nórdico.

Unha proposta de cine arxentino con ‘Mi obra maestra’

No repaso ás estreas da semana Begoña Vázquez recomendounos a película arxentina ‘Mi obra maestra’. Pura comedia, é unha fita áceda e divertida sobre o mundo da arte moderna, con Guillermo Francella, Luis Brandoni e Raúl Arévalo no elenco. Falaunos tamén doutras dúas películas novas: Animales fantásticos: los crímenes de Grindelwald e Colette.

Pin It on Pinterest