Todas as colaboracións

Muros, Xamaica e Guatemala

Tito Lesende escolle hoxe música dos muradáns The Rapants, que acaban de gañar o concurso para bandas emerxentes dos Estudios Mans; do lendario Roy Ellis, que estará no Vilablues de Noia en outubro e mais un dúo de Litus coa cantante guatemalteca Gaby Moreno

Música para o comezo de curso

Tito Lesende pica o adianto do novo disco de Moito! e recórdanos os próximos concertos en Galicia
de Xoel López e Tulsa. 

Buscando a música urbana no outro lado do Atlántico e de volta a Galicia

Tito Lesende remexe na música urbana e tráenos á emerxente artista dominicana Tokischa. Ademais, falamos de e escoitamos ás Tanxugueiras.

Tito Lesende tráenos as últimas novas da música en directo

Tito Lesende pica a remestura de “Como Son Goku”, de Verto, a cargo de David Van Bylen e Eme Dj, que estará o venres en Vilagarcía falando no foro “O papel dos DJs na difusión da música galega”. Escolle tamén música dos Heredeiros da Crus, embarcados na súa Xira Angústica e dos Rolling Stones, trala morte do seu baterista, Charlie Watts.

Tito Lesende tráenos a actualidade da música en directo

Tito Lesende pica cancións da banda psicodélica coruñesa Moura, de Sés, que encabeza o festival Trece Roeis de Ferreira de Pantón, e de Amaral, que van estar no Morriña Fest de Culleredo. 

Tito Lesende tráenos o mellor da axenda de concertos

Tito Lesende pica músia da Familia Caamagno, que estarán esta finde no Felicia Pop Festival de Fene. Tamén se anunciou o cartel do Caudal Fest de Lugo, no que participará Sen Senra, que vén de estrear dúo con Julieta Venegas. E coñecemos o novo tema dun dos artistas pop máis importante do mundo, The Weeknd.

Tito Lesende pica cancións de artistas que tocan en Galicia nestes días

Na colaboración de TIto Lesende desta semana, escoitamos a The Soul Jacket, Baiuca e Nathy Peluso.

Dios Ke Te Crew con Boyanka Kostova e moito máis

O noso colaborador Tito Lesende tráenos dúas novidades: unha galega (a colaboración de Dios Ke Te Crew e Boyanka Kostova) e outra de fóra (a andaluza María Guadaña). E, como remate, aproveitando que están anunciados para o FIV, unha despedida con Novedades Carminha.

Verto e as bólas do dragón, Alberto & García bachateiros e a xenética de Billie Eilish

Tito Lesende tráenos as súas recomendacións de concertos para estes días en Galicia, que son os Verto, de quen nos ensina a canción “Como Son Goku”, e Alberto & García, o grupo detrás de “Bachata Verde”. Ademais, adiántanos “DNA”, o último avance da superestrela internacional Billie Eilish.

O artista compostelán Ronroneo publica un novo adianto

Coñecemos o último de Ronroneo da man de Tito Lesende, que tamén nos trae as súas recomendacións de concertos para esta fin de semana.

Pin It on Pinterest