Todas as colaboracións

Diálogo entre roupas burguesas

Rosario Sarmiento ven falar da exposición ‘Vestir Épocas’ no Museo de Artes da Coruña, a primeira que produce o museo

O universo de Quessada

Rosario Sarmiento fálanos sobre a exposición ‘Universo’ de Xaime Quessada, un dos pintores galegos máis influíntes do século XX.

Bronces de pequeno formato

Rosario Sarmiento fálanos unha semana máis de artes plásticas. Neste caso sobre a última exposición de Leiro.

A obra de Mamen Pereira

Rosario Sarmiento traenos unha semana máis a actualidade nas exposicións galegas. Nesta ocasión fálanos da obra de Mamen Pereira.

As fotografías de Isabel Muñoz

Colaboración de Rosario Sarmiento onde nos falará das fotografías de Isabel Muñoz, que ten unha exposición ao aire libre na Coruña.

Falamos da mostra “Seica”, a primeira exposición individual de Xesús Carballido

A obra de Xesús Carballido é absolutamente singular, traballando cunha linguaxe profundamente persoal recupera obxectos da vida cotiá para integralos e compoñera partir deles e dunha maneira equilibrada, unha nova obra de arte. Compón os seus collages a partir de obxectos que deixaron de empregarse, que xa non teñen utilidade, e que adquiren de novo vida propia dentro da peza, evocando lembranzas, recordos e ideas.
Carballido emprega todo tipo de pequenos obxectos para crear as súas obras, desde tipos de imprenta a cunchas mariñas, ferros forxados, restos de xoias, etiquetas de produtos comerciais e mil obxectos máis; construíndo con todo iso minimundos que nos trasladan a lugares misteriosos, pero tamén coñecidos, como gardados nos recunchos da nosa memoria.
A mostra do Museo do Mar, componse de preto de setenta obras -collages, debuxos e tamén algunha escultura- e entre as que se atopan dúas series de temática mariñeira elaboradas especificamente para esta exposición. 

Falamos da mostra Mente/Materia do escultor Silverio Rivas, na Casa das Artes de Vigo

Silverio Rivas é un dous grandes nomes da escultura contemporánea en Galicia,  home de gran  capacidade de  traballo e  profundo  coñecemento dás técnicas pero sobre todos dos materiais e  as  súas  leis. Pioneiro da abstracción, para Silverio a escultura é “o territorio que habito e onde ocorren todas a s cousas…porque a escultura é a extensión dun mesmo”

Falamos da mostra “Tecer os referentes” da artista Elisa Torroba na Fundación Laxeiro de Vigo.

Tecer os referentes” é a primeira mostra individual en Galicia desta artista malagueña, onde retorna despois de cursar  o Máster en Arte Contemporánea da facultade de Belas Artes de Pontevedra no ano 2014, planteandonos una visión crítica sobre o papel do libro como mecanismo de construción cultural.
A artista busca desmontar, disolver e fragmentar o libro para volvelo montar de forma diferente, deconstruíndo e pervertendo as súas estruturas, construíndo unha nova orde matemática e incidindo na realidade híbrida que o libro vive na actualidade e na modificación da súa linguaxe na sociedade dixital.
A medio camiño entre a Instalación, a escultura e a documentación, Terroba propón na mostra unha montaxe articulado formalmente a partir de tres soluciones técnicas, como son o tecido de papel, colgado en parede como un cadro convencional, a escultura en papel e o libro intervido.
O proxecto enmárcase na investigación que esta  xoven artista leva realizando nos últimos anos sobre o significado do libro como ferramenta de transmisión de coñecemento

Falamos da mostra “No, aún no” da artista Yolanda Herranz no museo MARCO de Vigo

A nosa colaboradora de Arte pública, Rosario Sarmiento, tráenos novidades artísticas coma esta e outras coma as exposicións do fotógrafo Manuel Vilariño e de Celeste Garrido, unha artista cuxo traballo está relacionado ca identidade e as cuestións de xénero.

Chegamos ó final do noso camiño pola arte das rúas e espazos públicos galegos

Chegamos ó final do noso camiño pola arte das rúas e espazos públicos galegos

Pin It on Pinterest