Todas as colaboracións
‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ e ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’
Revisamos clásicos coa nosa especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas.
Comentario arredor dos libros ‘Da Carapuchiña ao señor Lamote. Clásicos da literatura para a infancia e a mocidade en lingua galega’ de Miguel Vázquez Freire que publica Xerais e de ‘A verdadeira historia da carapuchiña vermella’ unha adaptación da Asociación Bata que publican Kalandraka.
‘Lobísimo do saco. Tres titiritadas’ de Bernardino Graña e ‘Un conto cheo de lobos’ de Roberto Aliaga e R.Olmos
“Palabras contra a violencia”: ‘O grupo’ de An Alfaya e ‘Bicos e non balas’ de Antonio García Teijeiro.
Montse Pena Presas aborda as ‘palabras contra a violencia’ a través de dous libros: ‘O grupo’ de An Alfaya e ‘Bicos e non balas’ de Antonio García Teijeiro.
“Os imaxinarios” de A.F. Harrold e “Monstro de ollos vermellos” de R.J. Peralta e Blanca Millán
Os monstros como elemento central da literatura infantil
Un personaxe destacado da literatura infantil, o monstro, no centro da colaboración semanal de Montse Pena Presas a través dunha novidade e un clásico: Somos os monstros, de Paula Carballeira, e Onde viven os monstros, de Maurice Sendak.
A escritora alemá Ursula Wölfel xa ten dúas obras traducidas ao galego
A escritora alemá Ursula Wölfel no centro da colaboración de literatura infantil e xuvenil de Montse Pena que recomenda dúas obras súas traducidas ao galego en Kalandraka.
Afondamos na obra de Alice Vieira
Repasamos a obra infantil do ilustrador Eric Carle
A colaboración semanal de Montse Pena tráennos hoxe ao ilustrador estadounidense e criado en Alemaña, autor de obras coma Unha eiruga moi larpeira ou O artista que pintou un cabalo azul.
Repasamos a obra de Christine Nöstlinger con Montse Penas
A autora austríaca Christine Nöstlinger foi unha das escritoras de LIX do S. XX máis recoñecidas no seu pais, pero tamén tivo unha pegada importante na nosa literatura, xa que bastantes dos seus libros foron traducidos ao galego. Hoxe reparamos nunha das obras da cuatriloxía protagonizada polos amigos Susi e Paul: “Querida Susi… querido Paul”, “Querida avoa… a túa Susi”, “Diario secreto de Susi. Diario secreto de Paul” e “A auténtica Susi”, no que a autora semella darlle a oportunidade ao seu lectorado de ir medrando con estes personaxes, podendo coñecer así a unha Susi adolescente e máis madura.
“Diario secreto de Susi. Diario secreto de Paul” foi premio Andersen e ten unha peculiaridade orixinal: como indica o título, media obra é o diario de Susi e a outra media, o diario de Paul. A lectora tan só ten que xirar o libro para comezar a ver como se ven os acontecementos dende a perspectiva do outro protagonista e comprobar, así, que a realidade ten moitas versións. Ademais, as ilustracións, de ton moi naïf, que potencian tamén esa compoñente humorística que ten a obra, foron realizadas por unha das fillas de Nöstlinger, ao igual que as do resto da serie. Aquí aparecen algúns dos temas clásicos das obras de Nöstlinguer, como a incomprensión ou a importancia da amizade pero tamén cuestións de calado como a inmigración ou a visibilización de familias non tradicionais, basicamente de pais separados.
Hai varios motivos polos que ler a Nöstlinger. Un é a súa prosa sinxela, moi clara, pero tamén moi envolvemente: o lector quererá seguir para profundizar neses personaxes que se tornan imprescindibles e á vez, profundamente familiares. Outro é, sen dúbida, o tratamento do humor, e outro son precisamente os seus protagonistas: nenos e nenas reais, moitas veces imperfectos, ás máis das outras, politicamente incorrectos, pero sempre moi achegados ao lectorado.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- 12
- Seguinte ›