Beli Martínez achéganos a representación galega no Festival Internacional de Cine UNAM
Beli Martínez achéganos a representación galega no Festival Internacional de Cine UNAM. Entre eles: Longa Noite e O que arde.
Beli Martínez achéganos a representación galega no Festival Internacional de Cine UNAM. Entre eles: Longa Noite e O que arde.
Beli Martínez fálanos da muller no audiovisual galego e fainos reflexionar se é un mundo realmente tan aberto.
Coñecemos as representantes galegas na 70ª edición da Berlinale.
Descubrimos, na sección de Beli Martínez, o proxecto de desenvolvemento local ChanfainaLab.
Dende hoxe ata o domingo, o Teatro Colón de A Coruña acolle a Semana do Cinema Galego. Durante estes días, proxectaranse cinco películas galegas candidatas ós Premios Mestre Mateo.
Falamos con Beli Martínez dos Premios Goya. A festa do cine español será este sábado en Málaga e contará cunha gran representación galega. Os premios son un recoñecemento aos filmes estreados ao longo de 2019. Nesta edición, Galicia está presente cun total de 9 candidaturas.
Destacan catro candidaturas de O que arde: dirección, filme, dirección de fotografía e actriz revelación con Benedicta Sánchez.
Quien a hierro mata tamén ten tres candidaturas: mellor son con David Machado, Gabriel Gutiérrez e Yasmina Praderas; mellor actor revelación con Enric Auquer; e actor protagonista con Luis Tosar.
O actor Santi Prego é candidato a mellor actor revelación polo seu traballo en Mientras dure la guerra, de Alejandro Amenábar. Entre as candidatas a mellor curta de animación, David Fidalgo, por Homomaquia.
Beli Martínez fálanos do proxecto Cinegalicia 2019.
Beli Martínez achéganos os filmes galegos presentes no Festival Internacional de Cine de Mar del Plata. Entre elas atópanse “O que arde”, de Oliver Laxe e “Longa Noite”, de Eloy Enciso, entre outras.
Na colaboración de cine do Diario Cultural con Beli Martínez falamos das dúas películas galegas do Festival de Sevilla:”Longa Noite”, de Eloy Enciso; e “Los Fenómenos”, de Jaione Camborda.
Na sección de Beli Martínez achegámonos as novidades do cinema galego. Comeza unha nova edición de Cineuropa con 21 días de cine. Trátase da cita cinematográfica por excelencia de Galicia.
“Comezou como unha mostra pequena en Santiago e agora non entenderiamos o mes de novembro sen Cineuropa”, explica Beli Martínez.