Todas as colaboracións

De Fredi Leis a Los Eternos

Tito Lesende pica hoxe cancións dos novos traballos de Fredi Leis e de Leiva, anuncia a xira galega de Los Zigarros e avánzanos que o grupo cedeirés Los Eternos visitarán este domingo a ‘Consellería do ritmo’ en Radio Galega Música.

Novidades de Berto e de Lucía Aldao

Tito Lesende pica hoxe dous discos galegos novos, o ‘Viaxe ao espazo interior’, de Berto, o que fora compoñente do dúo Verto, e mais ‘Pava’, da poeta Lucía Aldao. Tamén nos avanza que Kin Martínez, o fundador da produtora Esmerarte, será o convidado na Consellería do ritmo este domingo.

 

 

Santi Araújo e galegos na Monkey Week

Tito Lesende fálanos hoxe desde a Monkey Week de Sevilla, pícanos a canción que adianta o novo disco de Santi Araújo e avánzanos a presenza de Allova na próxima edición da súa ‘Consellería do ritmo‘ en Radio Galega Música

Discos galegos para este outono

Tito Lesende pica hoxe temas do que será o próximo disco de Blanco Palamera e do traballo que acaba de publicar Ángela Pardal. Tamén nos avanza que os Heredeiros da Crus serán os próximos convidados na ‘Consellería do ritmo‘ de Radio Galega Música.

Décima edición do Xacobeo Importa

O ciclo musical Xacobeo Importa celebra este outono a súa décima edición cunha serie de catro concertos de artistas internacionais que arranca este domingo en Santiago con Efterklang, cita á que seguirán os concertos da solista de jazz Cécile McLorin Salvant no Auditorio Afundación de Pontevedra o día 9, do alemán Christian Löffler no Mondo Club de Vigo o día 25 e o do grupo estadounidense Cracker no Teatro Principal de Ourense o 4 de decembro.

Tito Lesende tráenos a actualidade da música en directo

Tito Lesende visítanos na súa colaboración da semana cos datos do informe da SGAE sobre a música en directo. Unha realidade que xa a está a mudar con eventos como as Noites do Porto, con Bad Gyal, Derby Motoreta’s Burrito Kachimba, Xoel López ou Ángel Stanich, que abre xira n’A Coruña e de quen Tito nos pica nova música.

Nunomanía e outras músicas

Tito Lesende tráenos o novo da música, comezando pola novidade na colaboración entre Mundo Prestigio e Grande Amore, Nunomanía.

Estreas de Ángela Baltar e Los Eternos

Tito Lesende estrea ‘Suaaaave’ de Ángela Baltar e o novo disco da banda de Cedeira Los Eternos. Avánzanos tamén o próximo protagonista da ‘Consellería do ritmo‘ en Radio Galega Música: Eladio Santos.

O derradeiro concerto de Deluxe

Tito Lesende pica música dalgúns dos artistas que actuarán no festival Portamérica, como Deluxe, a que foi banda de Xoel López, que se reúne despois de 13 anos para ofrecer un derradeiro concerto no festival Portamérica. Tamén nos adianta que Iván Ferreiro será o primeiro convidado da nova temporada do seu programa ‘Consellería do ritmo‘ en Radio Galega Música

De volcáns e outras músicas

Tito Lesende pica a colaboración de dani co grupo de La Palma Los Vinagres. Tamén escoitamos
pezas de Aphonnic e de Secho, aos que poderemos ver ao vivo nos próximos días. 

Pin It on Pinterest