Todas as colaboracións

Dúas obras unidas polos espazos: ‘Á sombra das árbores’e ‘Be Water’

Montse Pena chega coas súas recomendacións en literatura infantil e xuvenil como cada venres, unidas desta vez polos espazos:

  • ‘Á sombra das árbores’ (Galaxia) de Ana Abad, gañador do II Certame de textos teatrais no 2019
  • ‘Be water’ (Cuarto de Inverno) de Antía Yáñez, unha distopía sobre ecoloxía nunha colmea.

As masculinidades alternativas no centro do comentario semanal de Montse Pena

As masculinidades alternativas no centro do comentario semanal de Montse Pena.
Aborda o ensaio ‘Papá, por que non pintas as unllas de cores?’ de Jorge García Marín e a tradución de  ‘Elmer e o osiño perdido’ de David McKee.

Humor con ‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis’ e ‘Luzbell, o demo bombilla’

O humor une as dúas propostas da colaboración de literatura infanto xuvenil con Montse Pena que nos fala de ‘Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis’ de Chema Heras e Kiko Da Silva e de ‘Luzbell, o demo da bombilla’ de Diego Rosales e Xosé Tomás.

Libros nos que navegar e ver mundo con Montse Pena

Libros nos que navegar e ver mundo. Montse Pena fálanos da tradución de `Pippi Mediaslongas nos mares do sur’ que edita Kalanadrala e de ‘A tartaruga Amadovou’ de Paula Carballeira e Ana Seixas publicado en Oqueleo.

‘Os camiños do vento’ de Xavier Estévez e Xosé Cobas e ‘Pequeno botón’ de Paula Merlán e Lucía Cobo

A importancia de ser solidari@s no comentario de literatura infanto xuvenil de Montese Pena que fala de ‘Os camiños do vento’ de Xavier Estévez e Xosé Cobas e ‘Pequeno botón’ de Paula Merlán e Lucía Cobo.

‘Irmá paxaro’, de Tamara Andrés e María Montes, e ‘Ola, son un bicho bóla!’, de Elvira Ribeiro e Noe González

 

Versos no centro do comentario semanal de literatura infanto-xuvenil con Montse Pena que nos achega ás obras ‘Irmá paxaro’, de Tamara Andrés e María Montes, publicado por Cuarto de inverno, e ‘Ola, son un bicho bóla!’, de Elvira Ribeiro e Noe González, que edita Apiario. 

 

‘O can de Milú’ e ‘A que cheiran as cores’ con Montse Pena

A nosa colaboradora especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena recomenda dúas novas obras moi agardadas, unha para cada tipo de público: ‘O can de Milú’ e ‘A que cheiran as cores’.

‘Xelís, o guieiro das botellas de mar’, de Rosa Aneiros, e ‘ Os corpos invisibles’, de Enma Pedreira

Lectura de Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros, e Os corpos invisibles, de Enma Pedreira.

A nosa especialista en literatura infanto-xuvenil, Montse Pena Presas, sitúa os dous libros como os mellores premios Merlín e Jules Verne dos últimos anos.

“O país do gran furado” de Xerardo Quintiá e “Os secuestradores de burros” de Gerald Durrell

“O país do gran furado” de Xerardo Quintiá con ilustracións de Noemí López e publicado por Baía no centro do comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas que tamén nos ofrece a súa ollada sobre “Os secuestradores de burros” de Gerald Durrell traducido por Moisés Barcia para Sushi Books.

Colar de Bágoas, publicado por Kalandraka e O Acuario en Hércules

Colar de Bagoas, publicado por Kalandraka e O Acuario en Hércules edicións no comentario semanal de literatura infantil e xuvenil con Montse Pena Presas.

Pin It on Pinterest