Todas as colaboracións

A premiada ‘1917’ e ‘El faro’ chegan aos cines

A directora de Sala 5 Begoña Vázquez recomenda nunha semana chea de estras os filmes ‘1917’ premiada nos Globos de Ouro e ‘El faro’.

Os filmes de Sam Mendes e Robert Eggers destacan entre a decea de cintas que chegan este venres aos cines.

‘Richard Jewell’ e ‘O oficial e o espía’ para estrear o ano nos cines

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, comeza o ano falando de dúas películas baseadas en feitos reais: “Richard Jewell” de Clint Eastwood e “O oficial e o espía” de Roman Polanski.

‘A galiña Turuleca’ e ‘Mujercitas’ como atractivos para este Nadal

A directora de ‘Sala 5’, Begoña Vázquez, analiza as estreas dos cines neste Nadal.

Entre elas sobresaen o filme infantil galego ‘A galiña Turuleca’ e a nova versión de ‘Mujercitas’.

Chega o desenlace final de Star Wars aos cines

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, destaca especialmente a chegada aos cines do episodio IX de Star Wars, ‘O ascenso de Skywalker’, que será a derradeira da saga creada en 1977 por George Lucas.

Tamén destaca a comedia francesa “Dios mío, ¿pero qué te hemos hecho?” e a rusa nominada aos Óscar ‘Unha gran muller’, ambientada no Leningrado de 1945.

Chega aos cines “Longa noite” de Eloy Enciso

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez recomenda hoxe Longa noite, a película do cineasta de Meira Eloy Enciso que aborda a posguerra civil dende un punto de vista inédito.

Entre pais e fillos: ‘A odisea dos Giles’ e ‘A filla dun ladrón’

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, trae esta semana como recomendacións na carteleira películas entre pais e fillos:

“A odisea dos Giles” con Ricardo e Chino Darín; e “A filla dun ladrón” con Greta Fernández e o seu pai Eduard.

‘Intemperie’, con Luís Tosar, a estrea baseada na exitosa de novela de Jesús Carrasco

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez; recomenda esta semana a estrea do filme español Intemperie, que protagoniza Luis Tosar. Está dirixido por Benito Zambrano apoiándose na novela multivendas de Jesús Carrasco.

‘O Irlandés’ e ‘Madre’, as principais estreas desta semana

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, chega este xoves con dúas propostas destacadas na carteleira:

  • O Irlandés, a última produción de Martin Scorsese que será preestreada este venres nas 7 principais cidades galegas e en Viveiro.
  • Madre, o novo filme de Rodrigo Sorogoyen, con Marta Nieto como protagonista.

O 33º Cineuropa e as estreas desta semana

Na súa colaboración, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez céntrase na 33º edición do Festival Cineuropa, que comeza esta noite en Santiago. A actriz María Vázquez será unha das homenaxeadas nesta edición que se celebra ata o día 28.

Nas estreas desta semana, dúas películas provocadoras e desconcertantes: ‘Ventajas de viajar en tren’ e ‘El hoyo’.

“A trinchera infinita”, a estrea sobre os agochados durante o franquismo

Na súa colaboración semanal dos xoves, a directora de Sala 5 Begoña Vázquez fala de “A trincheira infinita”, o filme de Jon Garaño e Aitor Arregi que chega esta fin de semana aos cines.

A película conta coa presenza de Antonio de la Torre e Belén Cuesta, narra a historia daqueles que pasaron o franquismo agochados na súa casa por medo

Pin It on Pinterest