Todas as colaboracións
Falamos do autor francés David Sala
Carlos Portela fálanos hoxe do autor francés David Sala e da súa última obra, traducida ao castelán como ‘El jugador de ajedrez’. Sala traslada ao comic con brillantez a ‘Novela de xadrez’ de Stefan Sweig.
Unha partida de xadrez nun barco que cobre a ruta entre Nova York e Bos Aires serve de metáfora da barbarie nazi e da capacidade humana para a supervivencia. David Sala exporá orixinais desta novela gráfica na Coruña, na próxima edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’.
‘O puño e a letra’, un diálogo entre poesía e banda deseñada
Hoxe falamos de Yolanda Castaño, que participará na próxima edición de ‘Viñetas desde o Atlántico’ para falar do seu libro ‘O puño e a letra’, un diálogo entre a poesía e a banda deseñada. Castaño seleccionou 40 poemas dos seus 25 anos de traxectoria e propúxolles que os ilustrasen a outros tantos autores e autoras de banda deseñada. O libro é o primeiro exemplo de ‘comic poetry’ de noso e pode lerse tamén como unha antoloxía do comic galego: entre os ilustradores hai nomes como Xaquín Marín, Miguelanxo Prado, David Rubín, Manel Cráneo ou Los Bravú.
Isabel Greenberg, convidada en Viñetas
Empezamos o repaso polos autores e autoras convidadas á próxima edición de Viñetas desde Atlántico, entre o 5 e o 11 de agosto na Coruña.
A británica Isabel Greenberg é unha das novelistas gráficas máis interesantes aparecidas nos últimos anos. Demostra o seu talento como contadora de historias en obras como ‘The Encyclopedia of Early Earth’ e ‘The one hundred nights of Hero’, que contan con tradución ao castelán.
O manga feito en España
Carlos Portela fálanos hoxe de manga feito en España. Dúas obras cos mesmos autores, Fidel del Tovar e Dani Bermúdez, e diferentes rexistros:
‘Arashiyama, la montaña de los deseos’, unha obra para todos os públicos e mais o thriller ‘Liquid memories’.
Falamos do manga
Carlos Portela fálanos de manga
‘A xoven Frances’ e ‘A xente honrada’
Carlos Portela achéganos hoxe a dúas obras: A xoven Frances e A xente honrada
Chega o fin das aventuras de Gringo e Dani Futuro
Carlos Portela recoméndanos a derradeira entrega de Gringo e Dani Futuro, os persoaxes creados por Carlos Jiménez que rematan as súas aventuras en ‘Punto final’. Pero tamén a nova edición de Conan El Bárbaro que saca Panini.e
‘Asterix e Obelix’ e ‘Tintín’ en galego
Carlos Portela fálanos de banda deseñada e hoxe achéganos a dous grandes cla´sicos do cómic internacional, ‘Asterix e Obelix’ e ‘Tintín’ reedítanse en galego. Pero tamén, na colaboración de hoxe falamos da situación actual deste xénero entre a rapazada galega.
“Sabrina” de Nick Drnaso gaña o premio Man Booker
Carlos Portela introdúcenos no mundo da banda deseñada, desta vez co ilustrador inglés Nick Drnaso.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- Seguinte ›