Todas as colaboracións

‘Black Beach’, ‘A diosa da fortuna’ e o clásico ‘Coa morte nos calcaños’ son motivo do comentario de Begoña Vázquez

Na Sala 5 de Begoña Vázquez falamos hoxe do thriller ‘Black Beach’ protagonizada por Raúl Arévalo e Candela Peña; ‘A diosa da fortuna’ dirixida por Ferzan Ozpetek e o clásico de Alfred Hitchcock ‘Coa morte nos calcaños’

Begoña Vázquez achéganos dúas estreas: Uno para todos de David Ilduain e a nova versión de Pinocho de Matteo Garrone

Begoña Vázquez achéganos dúas estreas: Uno para todos de David Ilduain que chega mañá aos cines e a nova versión de Pinocho de Matteo Garrone e cun protagonista coñecido, o actor Roberto Benigni. 

Repasamos os Mestre Mateo 2020 con Xavi Font, Jorge Coira e Mario Barrios

Coa directora de Sala 5, Begoña Vázquez, facemos un repaso de todo o que deron de si os Premios Mestre Mateo 2020 celebrados este sábado.

Conversamos con Xavi Font, produtor da gran gañadora da noite, O que arde; Jorge Coira, director da serie Hierro, e Mario Barrios, produtor do programa Segredos-Desmontando Galicia, da Televisión de Galicia.

‘A candidata perfecta’ e ‘Invisibles’

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, destaca entre as estreas desta semana:

  • A candidata perfecta‘, un filme árabe da mesma directora da exitosa “A bicicleta verde”
  • Invisibles‘, de Gracia Querejeta.

“Especiais” e “El hombre invisible” chegan aos cines

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, recomenda esta semana:

  • Especiais, película francesa dos directores de Intocable.
  • El hombre invisible, protagonizada pola actriz do Conto da Criada.

‘El Plan’ e o filme francés de animación ‘As anduriñas de Kabul’

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, destaca hoxe entre as estreas desta semana:

  • A película española El Plan.
  • O filme francés de animación As anduriñas de Kabul.

Estréanse “Ata que a voda nos separe” e “Casanova, o seu último amor”

Na colaboración de cine con Begoña Vázquez falamos de dúas estreas: “Hasta que la boda nos separe” e “Casanova, su último amor”. 

“Hasta que la boda nos separe” conta a historia de Marina (Belén Cuesta), unha organizadora de vodas que non cre no crompromiso. Todo cambiará cando coñeza a Carlos (Álex García) que vai casar coa súa moza de sempre. A película baséase na comedia La wedding planner, da realizadora francesa Reem Kherici.

“Casanova, su último amor” narra o exilio a Londres do artista Giacomo Casanova. Durante a súa estancia na cidade inglesa, Giacomo quedará namorado dunha moza á quen non lle será doado conquistar.

A galega ‘Arima’ e a multipremiada historia contra a homofobia ‘And then we dance’ chegan aos cines

A directora de Sala 5 Begoña Vázquez destaca entre as estreas desta semana tres filmes:

  • Arima, de produción galega e rodada en Mondoñedo.
  • O escándalo, firme candidato aos Óscar con Margot Robbie e Charlize Theron cunha historia de xornalismo e feminismo.
  • And then we dance, un filme sueco moi premiado que narra as dificultades duns bailaríns homosexuais en Xeorxia.

Adú e o biopic de Judy Garland chegan aos cines

A directora de Sala 5, Begoña Vázquez, recomenda esta semana as estreas da película española Adú e o biopic de Judy Garland Judy.

Facemos balance da participación galega nos Goya con Xavi Font

Da man da directora de Sala 5, Begoña Vázquez, facemos balance da participación galega nos Goya celebrados en Málaga o sábado.

Falamos co produtor ‘O que arde’ Xavi Font dos premios recibidos por Benedicta Sánchez e Mauro Herce.

Pin It on Pinterest