Todas as colaboracións

Fredi Leis, Foals e Samantha Hudson

Tito Lesende pica música que poderemos escoitar en vivo en datas próximas: Fredi Leis, que actúa este sábado na Sala Capitol de Santiago; Foals, que estrean disco no Son do Camiño a próxima semana e Samantha Hudson, que participará en xullo no Atlantic Pride da Coruña. 

Berto, Chisme e o Desenlace de Desconcierto Cultural

Tito Lesende pica hoxe adiantos dos novos discos de artistas galegos: ‘Absolución’, de Berto, que publicará novo traballo en outono; ‘Libro’, primeira canción de “Velcro”, o disco que Fernando Epelde publica o 17 de xuño co seu proxecto Chisme. Tamén escoitamos o ‘Samurai‘ de Familia Caamagno, que tocan este sábado no ‘Desenlace’, un evento musical na Illa de Arousa co que se despide o colectivo Desconcierto Cultural. 

Novos discos de Dios ke te Crew, Momboi e Néboa

Tito Lesende trae hoxe música que cruza os xéneros, do hip hop á jazztrónica. Escoitamos o novo EP de Dios ke te crew, ‘En que ano estamos?!’, o primeiro LP de Momboi, ‘Vacacións en Ornanda’ e o último traballo de Néboa, ‘Fósforo’. 

The Soul Jacket, Bala e o dúo de Leiva con Tulsa

Tito Lesende pica o novo sinxelo de The Soul Jacket, unha banda viguesa que proximamente lanzará disco baixo o título de ‘Kick Radio’. Escoitamos tamén a Bala e a canción na que colaboran Leiva e Tulsa. 

O novo de Ortiga e Pili Pampín, Baiuca e toorai

Tito Lesende pica música de estrea. Soa ‘Eu chorar chorei’, a colaboración de Ortiga con Pili Pampín. Escoitamos tamén un remix de ‘Veleno’ como adianto do EP que publica este venres Baiuca con remesturas de ‘Embruxo’. Pechamos sesión con ‘Me contradigo‘, da madrileña toorai.

dani, mariagrep e Sheila Patricia

Tito Lesende tráenos tres estreas musicais desta semana, as últimas cancións de mariagrep, dani e Sheila Patricia. 


Van Morrison volve á Coruña

 

Horas antes do concerto de Van Morrison no Coliseum da Coruña, Tito Lesende repasa algúns clásicos e o último traballo do ‘León de Belfast. O crítico musical Fernando Neira cóntanos como foi a actuación de Morrison en Madrid. 

 

Música ao vivo para a fin de semana

Tito Lesende escolle hoxe música que podemos escoitar ao vivo durante esta fin de semana: Tanxugueiras empezan na Coruña a Xira Midas, Os Resentidos levan ‘Organización Nautilus’ a Pontevedra e Ilegales actúan en Santiago.

Néboa, Amaia e Rosalía

Tito Lesende escolma tres estreas musicais desta semana: Néboa publica a canción ‘Toda a xente cea nas súas casas’ á vez que anuncia a marcha da súa voz principal, Aloia. Tamén escoitamos ‘Bienvenidos al show’, do novo disco de Amaia e ‘Hentai’, de Rosalía, que este venres publica o seu terceiro álbum, Motomami.

Terbutalina, Pongo e Los Enemigos

Tito Lesende pica hoxe un novo tema de Terbutalina, ‘Costa abaixo’. Escoitamos tamén a música da angolana Pongo, que participa na final do Festival da Canção de Portugal e mais a Los Enemigos, que esta fin de semana ofrecen dous concertos en Santiago.

Pin It on Pinterest