Todas as colaboracións

Visitamos a última intervención do escultor Francisco Leiro: ‘Zapatos no camiño’

Rosario Sarmiento convídanos a reparar noutra obra de arte no espazo público, a última intervención do escultor Francisco Leiro, Zapatos no camiño, no Bosque de Galicia na Cidade da Cultura.

A obra, composta de tres pezas realizadas en diferentes materiais, situase na cima da ladeira do Monte Gaiás que se abre sobre Compostela, establecendo un diálogo visual coa Catedral de Santiago e a Via da Prata que discorre paralela ao Monte Gaias na súa entrada á Compostela.

Visitamos A Casa da Nube, de Luís Borrajo, en Ourense

No noso percorrido artístico semanal, Rosario Sarmiento segue descubríndonos obras artísticas en espazos públicos; neste caso, A casa da nube, do escultor Luis Borrajo, en Ourense.

Realizada en 1989 por encargo do arquitecto Pepe Casabella, autor da remodelación deste emblemático espazo urbano da capital ourensá, A casa da nube atópase nun emprazamento  aberto que permite ser transitado pola cidadanía. Borrajo consideraba que tendo en conta a súa localización, esta peza debía ser un nexo de unión e dialogo entre o casco antigo e a zona nova da cidade.

Arte na rúa: Elena Colmeiro

A nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, lévanos a ver pezas de arte presentes nas vías públicas e asinadas por artistas como a que nos ocupa no día de hoxe: a escultora e ceramista Elena Colmeiro.


Cúmprense 25 anos da morte do pintor Laxeiro

A nosa colaboradora de arte Rosario Sarmiento lévanos a Lalín e a unha recapitulación e revisión na vida e obra do mestre Laxeiro no día en que se cumpre un cuarto de século dende que falecera o icónico pintor.

Visitamos a Casa das Artes de Vigo baixo “Unha xeografía atormentada”

Rosario Sarmiento lévanos ata Vigo para contemplar a exposición fotográfica de Javier Teniente, “Unha xeografía atormentada”, que presenta 180 imaxes capturadas durante un cuarto de século de profesión como reporteiro de guerra.

Dentro e fóra

Rosario Sarmiento fálanos de ‘Dentro e fóra’, unha exposición colectiva que se pode ver en vigo que debuxa unha reflexión sobre a arquitectura e o espazo a través dunha antoloxía de obras firmadas por mestres da pintura galega.

 

 

Os murais de Luís Seoane

Rosario Sarmiento fálanos dos murais de Luís Seoane por mor da presencia dun deles na Cidae da Cultura.

Os corpos presentes

Rosario Sarmiento fálanos sobre a exposición ‘Os corpos presentes’, que se ver en Santiago de Compostela.

4 proxectos

‘4 proxectos’ é unha exposición colectiva que se pode ver no MARCO de Vigo.

Moscoso Cosmos

Moscoso Cosmos é unha mostra que nos abre os ollos respecto á obra dun dos deseñadores gráficos más influíntes do século XX, Víctor Moscoso.

Pin It on Pinterest