Todas as colaboracións
Iniciamos con Mario César Vila nova tempada arqueolóxica!
Probablemente, as sociedades futuras desenterren algún GPS noso e observarano tal coma observamos nós todos os utensilios que recuperamos de tempos anteriores, coma o astrolabio, equivalente precisamente do noso GPS co que se guiaban no pasado. Un astrolabio como o descuberto na ría de Viveiro. Isto e máis, na colaboración de Mario César Vila, no Diaro Cultural.
O Camiño de Santiago Primitivo entre Lugo e Palas
Nesta semana das Rutas con historia, facemos o treito do Camiño de Santiago Primitivo entre Lugo e Palas: a Cidade de Lugo, Santa Eulalia de Bóveda (Lugo), o Mosteiro e a Igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei) e o Castelo de Pambre (Palas de Rei).
Rutas con historia: de Allariz á Limia
Propoñemos para este verán, da man e grazas ó noso colaborador Mario César Vila, percorrer unha serie de rutas con historia que nos permitan achegarnos ao pasado a través de visitas a xacementos, monumentos, vilas ou lugares singulares.
Nesta quinta entrega faremos un percorrido na provincia de Ourense dende Allariz á Limia: a
Vila histórica de Allariz, a Basílica das Ascensión, o Forno da Santa e o xacemento galaico-romano de Armeá (Allariz), o Sistema de fortificacións da lagoa de Antela, os Miliarios de Vilariño das Poldrás (Sandiás) a Pedra Alta (Xunqueira de Ambía/Sarreaus) e, por último, o Convento do Bon Sexús de Trandeiras.
Pola beira interior da Costa da Morte
Esta semana Mario César Vila proponnos unha ruta con historia polo interior da Costa da Morte. Partimos do castelo de Vimianzo e chegaremos ao centro de produción de cerámica popular de Buño, en Malpica.
De Baiona ao esteiro do Miño
Emprendemos co noso colaborador de arqueoloxía, Mario César Vila, a nosa terceira ruta pola historia: de Baiona ao esteiro do Miño.
A arqueoloxía da Mariña lucense
O noso colaborador de arqueoloxía, Mario César Vila, continúa coa proposta deste verán de percorrer unha serie de rutas con Historia que nos permitan achegarnos ao pasado a través de visitas a xacementos, monumentos, vilas ou lugares singulares.
Nesta segunda entrega achegarémonos á Galicia norte percorrendo a costa da Mariña lucense, dende Ribadeo a Viveiro.
Viaxar ó pasado é posible este verán
Mario César Vila descóbrenos tesouros arqueolóxicos que visitar este verán, coma o Monte Furado.
Arqueoloxía industrial
Mario César Vila lévanos ao pasado aínda que hoxe non moito. Ensinaranos a arqueoloxía industrial.
Arqueoloxía de papel
Mario César Vila fálanos da importancia de recoñecer o traballo dos que fan que a arqueoloxía quede na escrita.
- ‹ Anterior
- 1
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- …
- 9
- Seguinte ›