Todas as colaboracións

Lembramos a figura de Purita Campos, gran expoñente da banda deseñada nacional

Lembramos, da man de Carlos Portela, a figura de Purita Campos, gran expoñente da banda deseñada nacional. 

Angel de la Calle presenta nova obra: “Pinturas de guerra”. 

Carlos Portela achéganos as últimas novidades en banda deseñada

Coñece, da man de Carlos Portela, o último na banda deseñada: “A Lotería”, de Shirley Jackson e “Asérix, a filla de Vercingetorix”. Esta última, cunha protagonista inspirada na figura da activista medioambiental Greta Thunberg. 

Carlos Portela rescata a obra “Rulfo: unha vida gráfica”

Carlos Portela rescata a obra “Rulfo: unha vida gráfica”, unha biografía en banda deseñada que percorre os eventos da vida do autor mexicano Juan Rulfo. 

Publícase ‘Mies’, de Agustín Ferrer Casas

Falamos de banda deseñada. Carlos Portela achéganos ó Mies de Agustín Ferrer Casas e tamén ao Benzimena de Nina Bunjevac. 

‘Huyamos por la izquierda: las crónicas del León Melquíades’, unha sátira da caza de bruxas nos EUA

A banda deseñada Huyamos por la izquierda: las crónicas del León Melquíades, no centro da colaboración de Carlos Portela. Unha sátira sobre a caza de bruxas nos EUA nunha revisión do universo da produtora Hanna-Barbera con guión de Mark Russell e debuxo de Mike Feehan. 

Falamos dos Premios Eisner e da obra “Os meus heroes sembre foron ionquis”

Os premios Eisner e a obra ‘Os meus heroes sembre foron ionquis’ de Ed Brubaker e Sean Phillips na colaboración semanal de banda deseñada con Carlos Portela. 

Coñecemos “A Chaira”, o último traballo de Antonio Seijas

 

A nova novela gráfica de Antonio Seijas, ‘A chaira’, publicada por Alita Comics no centro da colaboración semanal de banda deseñada de Carlos Portela.

 

Unha ollada arredor do XXII Salón do Cómic Viñetas dende o Atlántico

Na súa colaboración semanal, Carlos Portela cóntanos o mellor que traerán estas xornadas de banda deseñada, que comezan hoxe na Coruña.

“Segunda venida”, unha aparición divina nas “Viñetas desde o Atlántico”

O guionista ferrolán Abel Alves será un dos autores convidados en ‘Viñetas desde o Atlántico’.
A súa última obra publicada é a divertida ‘Segunda venida’, con debuxos de Juan Caminador. 
Conta a historia de Evangelina, unha moza de 18 anos nada relixiosa que recibe a revelación da súa orixe divina.

 

Na colaboración semanal de Carlos Portela analizamos esta obra.

Pin It on Pinterest