Todas as colaboracións

Alfonso Espiño achéganos as novidades musicais galegas deste verán 2020

O noso colaborador Alfonso Espiño, segue a nos descubrir novas musicas feitas por mozas galegas. Hoxe ofrécenos unha pequena escolma de lanzamentos con moita alma e sensibilidade: Safe Space do dúo Inland Valley, o novo disco La Senda del Hielo de Marcos Guitián e Carta Aberta da guitarrista e cantante Antía Muíño. 

Sofía Espiñeira, Hugo Franco, Babykatze e Lado C son mostra dos novos talentos musicais galegos

O colaborador Alfonso Espiño comparte hoxe con nós unha pequena mostra de novos talentos galegos. Estes artistas noveis traballan músicas variadas e diferenciadas estilística e actitudinalmente. Falamos da murgadesa Sofía Espiñeira, o vigués Hugo Franco e a súa irmá xemelga Claudia Abril, a porteña Lucila e o uruguaio de orixe galega Ignacio Expósito.

Alfonso Espiño fai un repaso pola oferta musical do Feito á Man 2020

Nestes tempos nefastos para a música en directo asistimos diariamente a cancelacións de festivais por todo o país. Se hai uns días anunciaban a baixa do Felipop de Limodre, onte coñecemos a nova da cancelación do Resurrection Fest XS por parte do Concello de Viveiro. 

Un festival que si se está a celebrar, aínda que nun formato moi diferente ao dos últimos anos, é o Feito a Man de Santiago de Compostela. Este festival de rúa sempre foi un magnífico escaparate de novos talentos tanto locais coma galegos e internacionais. Hoxe o noso colaborador Alfonso Espiño detállanos a oferta musical do programa do Feito a Man. 

Ukestra do Medio publica o seu primeiro traballo longo: ‘Outras Lérias’

O noso colaborador Alfonso Espiño achéganos as últimas novidades musicais, destacando o primeiro traballo longo da Ukestra do Medio, Outras Lérias, gravado no Laboratório Soyuz con Xurxo Pinheiro e Hevi. 

Tamén nos fala do segundo sinxelo de adianto do novo traballo de Alexandro González, Todos los santos, e o último disco do grupo radicado en Chantada, Gancho Sánches: Zaquín. 

Música con Alfonso Espiño

No Tempo da colaboración recibimos ó investigador e músico compostelán, Alfonso Espiño, que chega cargado de músicas e historias ó redor da súa creación.

Especial rock and roll, con Alfonso Espiño

Especial rock and roll, con Alfonso Espiño

A última colleita musical de 2019

Alfonso Espiño pica os últimos traballos de Miguel Alberte e Momboi e recupera a música do grupo Los Miskatones.

Psicodelia en Galicia

Alfonso Espiño repasa pasado e presente da nosa música psicodélica. Na súa colaboración desta semana soan cancións de Xetxu, N.H.U., URA e Fogbound. 

Novidades e premios do pop galego

Alfonso Espiño pica música de bandas galegas premiadas e recoñecidaspolo público nos últimos tempos.Soan cancións de Basanta, Presumido, Pardo e Roger de Flor.

Adeuses musicais con Alfonso Espiño

Alfonso Espiño lembra hoxe tres músicos que marcharon cedo de máis: Kim Shattruck, líder da banda estadounidense The Muffs, a Fran Pérez ‘Narf’, cuxo terceiro cabodano  e o rapeiro compostelán Moncho Arias, finado hai apenas un días. 

Pin It on Pinterest