Todas as colaboracións

Novidades galegas e concertos internacionais

Escoitamos con Tito Lesende unha das cancións do novo disco e Conjunto Amistá, ‘Todo lo demás es lo de menos”, e o primeiro adianto de ‘Roibén’, o próximo traballo de Guadi Galego. Soa tamén a banda estadounidense The Silos, que actúa esta fin de semana en Galicia, e os Pixies, que volverán actuar na Coruña en marzo de 2023. 

Sila Lua, Tim Burgess e Nikki Lane

Hoxe escoitamos con Tito Lesende o adianto do disco de Sila Lúa, que actúa este sábado en Pontevedra, no Río Verbena Fest. E avances de dous discos que se estrean este vneres, o do británico Tim Burgess e a estadounidense Nikki Lane. 

Tito Lesende debulla os últimos festivais da temporada

Os festivais seguen protagonizando as fins de semana de setembro. Ademais do Caudal Fest, nos próximos días haberá música en vivo na Coruña co festival Tándem, na Estrada con O Son dos Arrieiros ou en Ourense co OUR Fest Xacobeo.

Tito Lesende repasa a carreira de Muse

Horas antes do seu concerto en Vigo, Tito Lesende revisa a carreira do trío de Devon. A banda británica visita Galicia tras publicar o seu mellor disco en máis de unha década, “Will of the People”.

Ourense espera a Placebo

Tito Lesende pica música do grupo británico Placebo, que actúa este venres en Ourense nun concerto que abrirán os grupos galegos Moito! e Habitación Vudú. Escoitamos tamén a Boyanka Kostova, que en setembro formarán parte do cartel do Revenidas e mais a Red Hot Chili Peppers, que anuncian novo disco. 

Mando Diao, Luís Prado e Néboa

Tito Lesende pica hoxe cancións de varios músicos que escoitaremos en directo en Galicia nos próximos días: dos suecos Mando Diao, que pasarán polo Latitudes de Vigo, a Luis Prado, un dos músicos que acompaña a Miguel Ríos, e Néboa, que pasarán na próxima semana polo Atardecer no Gaiás. 

Terbutalina, Muse e Miguel Ríos

Tito Lesende ponnos hoxe cancións guitarreiras. Música de Terbutalina, Muse e Miguel Ríos,  aos que poderemos escoitar en directo nas próximas semanas. 

Música galega no Festival Noroeste

Tito Lesende pica música dalgúns dos artistas galegos que van participar no festival Noroeste, que se desenvolverá na Coruña entre o 10 de 14 agosto, con medio cento de actuacións en dez localizacións da cidade.

Tito Lesende amósanos os festivais máis “riquiños” desta fin de semana

Esta fin de semana celébrase o Silfest, no Barco de Valdeorras, e o Rock In Río Tea. Tito Lesende fai un repaso destas dúas citas e dos seus carteis, que contan con artistas como León Benavente e Ángel Stanich,

 

Tito Lesende lévanos de viaxe polo mundo do pop: Morriña Fest e outros concertos

Tito Lesende lévanos de viaxe polo mundo do pop: Morriña Fest, verbenas, e moito máis.

Pin It on Pinterest