Todas as colaboracións

Lodeiro xeométrico

Rosario Sarmiento comenta a exposición ‘Lodeiro. A xeometría inexacta’, que incide na xeometría como elemento fundamental para entender a obra do pintor vigués Xosé Lodeiro, finado en 1996. A mostra pode visitarse na Fundación Laxeiro de Vigo ata o 16 de xaneiro.

 

‘Humano, más humano’

A exposición de arte ‘Humano, más humano‘ desembarca n’A Coruña, da man da Fundación Barrié, con grandísimas obras. Unha das máis relevantes noticias do mundo da arte que sempre nos trae a nosa colaboradora de arte Rosario Sarmiento.

A pegada de Paco Pestana

Creador multidisciplinar, ainda que foi na poesía e na escultura onde atopou as súas canles fundamentais de expresión. De formación autodidacta, comenza no mundo da escultura con 28 anos. Apegado ás súas orixes campesiñas, que sempre reivindicou con fruición, tivo un interese case febril por todo o concernente ós produtos artísticos. Foi un home de cultura viaxeira e variado currículo profesional, alimentado por diferentes etapas vitais, tanto en Madrid, como de militar en África, mineiro, pioneiro nunha coperativa agraria en Galicia, nunha comuna e incluso, unha etapa posthippie en Amsterdam. Falecido repentinamente o pasado luns 11 de outubro, Paco Pestana é o obxecto da colaboración de arte de Rosario Sarmiento desta semana no Diario Cultural.

Homenaxe a Jesús Núñez

A nosa colaboradora de arte, Rosario Sarmiento, achéganos a figura de Jesús Núñez, gravador, ilustrador e fundador no ano 1997 do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC). Unha referencia no mundo do gravado contemporáneo que foi nomeado académico de Honra da Real Academia Galega de Belas Artes o pasado bado día 2, precisamente na sede da Fundación CIEC de Betanzos.

‘A música das formas’

Rosario Sarmiento comenta a mostra ‘A música das formas‘ de Glenda León, que pode verse ata o 21 de novembro no museo MARCO de Vigo. A exposición reúne unha selección de traballos desta artista cubana afincada en España. 

‘A vida negada’ na Coruña

Rosario Sarmiento repara na mostra fotográfica que o encontro Acampa instalou nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña. A exposición recolle imaxes de sete fotógrafos e fotógrafas que documental o espolio de recursos naturais en diferentes lugares do mundo.

Visita artística pola nova exposición no CGAC

Percorremos con Rosario Sarmiento a exposición ‘Carles Fontserè e Camilo José Cela. Nueva York amarga’, que pode visitarse no CGAC ata o 26 de setembro. 

O artista Din Matamoro, a exposición en Vigo

Rosario Sarmiento fálanos hoxe da mostra “A mirada acesa” do pintor Din Matamoro, aberta no museo MARCO de Vigo ata novembro. 

A arte nos espazos públicos de Muxía

Rosario Sarmiento completa a súa proposta estival de obras de arte instaladas en espazos públicos falándonos da escultura “A Ferida”, unha obra do artista Alberto Bañuelos instalada en Muxía, preto do santuario da virxe da Barca. 

Camilo Otero, na Facultade de Económicas de Santiago de Compostela

Rosario Sarmiento fálanos hoxe da obra “O Galo” ou “A Pasionaria”, de Camilo Otero, situada na entrada da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela.

Unha escultura emblemática que  foi realizada por Camilo Otero (Santiago de Compostela1932-2003) en 1978. É unha peza en bronce, agasallo do escultor á súa cidade natal. Evoca un animal imposible, de gran potencia formal que alude a unha serie de  elementos e signos  matemáticos en clara  sintonía co estilo neofigurativo deste interesante escultor. 

Pin It on Pinterest