Todas as colaboracións

#2Pilgrims

‘#2 Pilgrims’ é o novo espectáculo de Redrum Teatro que levará a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo por diferentes vilas galegas. O propósito? Pois chegar a Santiago, claro, pero tamén reflexionar sobre o Camiño, a igualdade e as novas masculinidades.

Cóntanos máis o noso colaborador Roberto Pascual. 

‘Fábulas da montaña’, títeres con perspectiva de xénero

Roberto Pascual cóntanos todo sobre esta nova obra:

En Fábulas da montaña, Concepción Arenal repasa a súa infancia en Ferrol e o posterior traslado a Armaño, Cantabria, trala morte do seu pai.

Alí, na convivencia cos animais da casa e ante o respecto de lobos e osos, escribe o seu libro Fábulas en verso orixinais.

Historias onde destaca a súa loita polos dereitos das mulleres, das clases desfavorecidas e a defensa da educación como medio para conseguir a Igualdade.

En escena a actriz Larraitz Urruzola interpreta a Concepción Arenal, que cos títeres na súa saia-teatriño presenta momentos da súa mocidade e as súas fábulas. Merran Laginestra, no papel de amiga da escritora, interpreta en directo temas populares e de Marcial de Adalid, compositor galego coetáneo da ferrolá e alcumado “O Chopin Español”.

Segundo as ilustracións da época, a saia-teatriño, na que unha muller era sempre a titiriteira, foi un recurso escénico utilizado nas veladas das clases ilustradas do século XIX. Con esta proposta queremos recuperar e incorporar ao corpus dramático galego este valioso patrimonio teatral esquecido.

 

‘Othello’, vítima e verdugo

Voadora estreará a súa versión de ‘Othello’ de Shakespeare na MIT de Ribadavia, coprodutora xunto co Teatro de La Abadía de Madrid, de onde vén de representantar a obra durante varias semanas. Co foco nos celos, na posverdade, no feminicidio, na islamofobia, este ‘Othello’ é un hashtag irreverente, visual e musical que esencializa e xoga libremente coa obra do dramaturgo inglés para enfado de puristas e ledicia de quen busca unha escena atrevida e de impacto sobre temas actuais.

Un comentario de Roberto Pascual.

‘Un home con lentes de pasta’

Roberto Pascual achéganos a nova obra da compañía Redrum Teatro. ‘Un home con lentes de pasta’, comedia negra catalá con texto de Jordi Casanovas. 

Comeza o ‘Terceiro acto’

‘Terceiro acto’, a obra do Centro Dramático Galego, é motivo de comentario do noso colaborador en artes escénicas Roberto Pascual.

Do pracer e da morte

Roberto Pascual valora a últimas das producións da compañía A Feroz. ‘Do pracer e da morte’ é a súa particular visión da praga da peste que asolagou Europa na Idade Media. 

SÓS: a soidade non desexada

Roberto Pascual dedica o seu comentario teatral á obra ‘SÓS‘, da compañía Malasombra, unha reflexión sobre a soidade non desexada na última etapa da vida. 

As mil vidas de Dorotea

Roberto Pascual fálanos do texto teatral ‘As mil vidas de Dorotea‘, escrito por Lorena Conde para público infantil e xuvenil. Un libro editado por Cuarto de inverno e con ilustracións de María Brenn.

As experiencias inútiles

ArtesaCia estrea en Tui o seu último espectáculo, Illas desertas, unha obra transmedia sobre o fracaso e a necesidade de afrontar o inútil con música e cinema en directo.

Un comentario do noso colaborador Roberto Pascual

Confinámonos no teatro

No aniversario do decreto do estado de alarma pola COVID, ButacaZero estrea 32m2. Coméntanolo Roberto Pascual:

“Espectáculo oportuno ou oportunista? Unha concesión popular ou unha ollada mordaz sobre o que o confinamento puxo de relevo sobre as desigualdades? Esther Carrodeguas crea un texto ao que lle senta moi ben o traballo musical de Rodrigo Cuevas ou o deseño de Beatriz de Vega”. 

Pin It on Pinterest