Todas as colaboracións

‘Contos de obxectos’

Oito relatos ata agora inéditos que Xabier Docampo gustaba de contar amosando no momento preciso algún obxecto central no desenvolvemento da trama. 

‘Contos de obxectos’ é a recomendación de Montse Pena Presas.

Imos na procura do medo esquecido

‘Na procura do medo esquecido’, de Juancho e publicado en Galaxia, é a recomendación desta semana de Montse Pena Presas. Un álbum ilustrado que rende homenaxe a algúns deses seres que levan dando medo durante moitos seculos e hoxe vagan polo noso esquecemento.

Santo Amaro

‘Santo Amaro’, de Antonio Manuel Fraga en Xerais, é a recomendación para este Día do Libro de Montse Pena Presas. Lectura xuvenil sobre un grupo de amigos da Coruña, un ano antes de comezar a Universidade. 

‘A mestra corremundos’ e moitas adiviñas

As recomendacións semanais de literatura infantil e xuvenil que nos achega Montse Pena Presas: ‘A mestra corremundos‘, de Arancha Nogueira en Cuarto de inverno, é a historia valente de Pura e Dora Vázquez. ‘Adiviña esta adiviña‘, un divertido libro que nos propón Antón Cortizas en Galaxia. 

As ‘Mociñas’ que nos acompañan cada xeración

A editorial Laiovento recupera ‘Mociñas’, o clásico para todas as idades de Louisa May Alcott traducido por Rocío Viéitez Ferro. 

E Montse Pena Presas recomenda esta lectura universal, que non perde vixencia xeración tras xeración. 

‘Non te amola’

A nosa experta en Literatura Infantil e Xuvenil, Montse Pena Presas, recomenda ‘Non te amola’, o libro inédito de Xela Arias

A mellor literatura infantil e xuvenil

A mellor literatura infantil e xuvenil

‘Eu son A’

Montse Pena Presas propón a lectura de ‘Eu son A’ (Kalandraka), de Steve Tasane e traducido por Carlos Acevedo. Unha historia de nenos que se atreven a soñar, malia vivir nun campo de refuxiados. 

Soños de Cajamarca

A nosa colaboradora Montse Pena Presas foi escollida escritora do mes pola AELG. Pero non por iso deixa de traernos lecturas interesantes do eido infantil-xuvenil. A de hoxe é moi especial: ‘Soños de Cajamarca‘, unha lectura solidaria. 

O enigma do baúl pechado

‘O enigma do baúl pechado’, de Xosé Antonio Neira Cruz, editado por Galaxia, é unha historia de misterio que Montse Pena Presas recomenda aos lectores xuveniles. 

Pin It on Pinterest