Todas as colaboracións

Debuxos da colección Abanca

Mónica Maneiro comenta a mostra ‘O debuxo na colección Abanca‘, un achegamento ao debuxo a través duns cento de obras de autores como Castelao, Isidoro Brocos, Luís Seoane, Arturo Souto ou Francisco Lloréns. A exposición pode visitarse no Centro Social Abanca de Santiago ata o 30 de setembro. 

‘Cabodano. II Andaina’ de Rosendo Cid

 

Mónica Maneiro comenta a intervención de Rosendo Cid no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense. En ‘Cabodano. II Andaina’ Cid intervén libros de fotografía editada polo desaparecido Centro de Estudos Fotográficos. 

 

Galería Nordés, de Bogotá a Turín

Falamos con Mónica Maneiro da internacionalización da arte galega a través do exemplo da galería Nordés, que acaba de estar presente na feira ARTBO de Bogotá e en Artissima, en Turín. Escoitamos tamén a artista Julia Huete, presente en Artissima cun proxecto baseado no volume e o tecido.

‘Vidas’, o videoartista Claudio Zulian escoita o barrio compostelán de Vite

Na colaboración de Mónica Maneiro comentamos hoxe a exposición ‘Vidas’, do artista Claudio Zulian. Unha retrospectiva comisariada por
Santiago Olmo que percorre varias instalacións e proxectos de temática social realizadas por Zulian nos últimos vinte anos. A mostra inclúe
un proxecto creado expresamente para o CGAC, unha interpretación visual e poética do barrio compostelán de Vite.

Percorremos a mostra ‘De lugares e cousas’ con Mónica Maneiro

Mónica Maneiro comenta hoxe a exposición ‘De lugares e cousas’, que reúne obras de 36 artistas peninsulares de xeracións diferentes a través da indagación sobre a idea de lugar. A mostra exhibe pezas de Antoni Tàpies, Eduardo Chillida, Esther Ferrer ou Isidoro Valcárcel Medina e inclúe obras e artistas galegas como Christian García Bello ou Ángela de la Cruz.

O que Ángel Cerviño salvou do seu naufraxio

Mónica Maneiro comenta na súa colaboración semanal a exposición ‘Naufragios & Comentarios’de Ángel Cerviño, que se exhibe ata o 19 de novembro en Vigo, no espazo de arte SVT. Unha mostra que recolle algunhas das obras rescatadas do asolagamento do taller do artista en 2015.

Dupla e Patio de luz, dúas novas galerías de arte en Santiago

Coñecemos con Mónica Maneiro dúas galerías de arte que acaban de abrir as portas en Santiago de Compostela. Dupla, dirixida por Lucía C. Suárez e mais Patio de Luz, impulsada por María Xosé Domínguez. 

Últimos días para visitar ‘Nalgures’ no CGAC

Mónica Maneiro condúcenos a través da exposición ‘Nalgures’ da artista australiana Narelle Jubelin, que pode visitarse no CGAC ata o 16 de outubro. Unha mostra comisariada por Natalia Poncela na que Jubelin reflexiona sobre a idea de territorio, de Galicia como lugar, e sobre a importancia da arquitectura, da cultura e do contexto social na construción da paisaxe. 

Gloria García Lorca e Soledad Córdoba, na Coruña

Mónica Maneiro proponnos dúas exposicións de artistas españolas que podemos visitar na Coruña. A galería Ana Vilaseco acolle ata novembro a mostra ‘Ardora’, na que Gloria García Lorca se inspira no mar de ardora de Corrubedo para crear pinturas e cerámica. Moret Art expón ‘Trascendencia’, de Soledad Córdoba, primeira parte dun proxecto fotográfico e performático. 

Tres exposicións para empezar a temporada

Acaba de abrirse a temporada expositiva nas galerías de arte galegas e Mónica Maneiro achéganos tres exposicións que podemos ver en Santiago nas próximas semanas: ‘Sentimiento popular’, da artista vasca Usoa Fullaondo, na galería Nordés; ‘Tourner la page’ da compostelá Ana Pérez Ventura, na galería Metro e mais ‘Sons improbábeis’, no Auditorio de Galicia. 

Pin It on Pinterest