Todas as colaboracións

Arqueoloxía urbana

Mario César Vila compila achados arqueolóxicos recentes en obras realizadas en Vigo, Santiago e Lugo e explícanos como traballa a arqueoloxía urbana, a ‘mili’ dos arqueólogos.  

Fornos de Xinzo e castros do Barbanza

O arqueólogo Mario César Vila fálanos hoxe dos traballos de recuperación dos fornos de Xinzo e do proceso que levará á creación do Parque Arqueolóxico da Idade de Ferro no Barbanza. 

Os achados arqueolóxicos do 2021 non deixan baixo o listón para o novo ano

Mario César Vila repasa connosco algunhas das descubertas do arqueoloxicamente prolífico ano 2021 que deixamos atrás e que marcará probablemente boa parte dos traballos que ocupen os vindeiros meses.

Mario César Vila repasa as accións arqueolóxicas do 2021

O 2021 chega ó seu remate e quixemos repasar co noso arqueólogo de referencia todos os achados realizados neste frutífero curso.

Un paseo polas salinas do Ulló

Coñecemos con Mario César Vila as salinas do Ulló, no concello pontevedrés de Vilaboa, instaladas no século XVII. Un espazo con interese histórico e natural no que se acomete un proxecto de posta en valor.

A arqueoloxía e a memoria histórica

Mario César Vila fálanos hoxe desde o concello pontevedrés Crecente, onde participa na exhumación dunha fosa na procura dos restos de César Alberte Domínguez, un carpinteiro asasinado en 1936.

Celebramos o noso patrimonio

Do fío do Día do Patrimonio deste 16 de novembro percorremos con Mario César Vila os bens galegos que son Patrimonio da Humanidade.

Un paseo pola Idade de Bronce

Falamos co arqueólogo Mario César Vila dos círculos prehistóricos coñecidos como ‘henge’ ou ‘rodas’ que empezan a investigarse en Galicia e mais dos petróglifos de Laxe dos Bolos, en Caldas de Reis.

De mitos vikingos noutra visita ó pasado

Mario César Vila visítanos unha semana máis para levarnos de viaxe ó pasado. Concretamente, á época dos vikingos, a coñecer como eran as súas vidas e mesmo desmontar algún que outro mito.

Hórreos romanos e sanatorios para a tuberculose

Repasamos con Mario César Vila algunhas das actuacións arqueolóxicas que están desenvolvéndose no país este outono, desde a descuberta dun hórreo romano en Sober á rehabilitación dun antigo sanatorio en Oza-Cesuras

Pin It on Pinterest