Todas as colaboracións

Obras de Ledicia Costas e María Reimóndez polo Día da Escritora

Celebramos, por adiantado, o Día da Escritora. Eva Mejuto cóntanos as últimas novidades das obras de Ledicia Costas e María Reimóndez.

Escrita creativa para a rapazada

A selección lectora de Eva Mejuto vai hoxe de escrita divertida e creativa. Ademais de fomentar nas crianzas e adolescentes o amor pola lectura, cómpre tamen acordar na rapazada o goce pola escrita. Falamos hoxe de dous libros en galego dedicados a ese fin: Caderno de escrita creativa, de Hematocrítico, publicado por Xerais, e mais Taller de escritura creativa, de Begoña Martín Acero, na editorial Medulia.

‘Baixo o pantano’ e ‘Tam 2’

Eva Mejuto comenta hoxe dous cómics publicados este ano por autoras galegas. ‘Baixo o pantano’ é un thriller de ciencia ficción de Ángela Curro, publicado por Demo Editorial. ‘Tam 2’, de Anémona de Río, é a segunda entrega do primeiro manga en galego e publícao Retranca Editora.

Poesía para todas as idades

Eva Mejuto recoméndanos hoxe poesía para todas as idades. Como ‘Lagarta, lagarta!’, poesía para a rapazada escrita por Elvira Ribeiro, ilustrada por Sofía Venzel e publicada pola editorial Galaxia. Un libro que se pode ler de adiante a atrás ou de atrás a adiante e que xogando coas acepcións da palabra ‘lagarta’ convida a reivindicar a identidade propia. A segunda recomendación é ‘Campo de plumas’, unha selección de poemas LGBT+ traducida por Jesús Castro Yáñez que poden ler mozos e mozas de 12 a 112 anos e está publicada en Sushi Books. 

Eva Mejuto prende un faro para a lecturas

Eva Mejuto estréase como colaboradora falándonos de libros sobre faros e de dous álbums ilustrados para todas as idades: ‘Hans’, con textos de Javier del Sastre e ilustracións de Susana Suniaga, en OQO editora, e mais ‘Viaxes en trens de primeira clase’, de Dani Torrent, na editorial Triqueta.

Pin It on Pinterest