Todas as colaboracións

‘Partida salvada’ de Fernando Epelde

‘Partida salvada’ de Fernando Epelde, na colaboración de hoxe de Roberto Pascual.

No ano 2028 -un futuro tan próximo que podería ser hoxe mesmo- a lingüista Julia traballa contra reloxo para documentar os últimos vestixios dunha linguaxe en vías de extinción que resiste, aínda, na fráxil memoria dunha anciá afectada de Alzheimer. Trátase do idioma galego.

Corenta e dous anos antes (1986), en Santiago de Compostela, o programador de videoxogos Paco e o seu inseparable compañeiro: o debuxante Miguelanxo, viven coa máxima intensidade a denominada Época Dourada do Videoxogo Español, traballando para a compañía Ópera Soft, pioneira no sector durante os anos nos que España marcou a tendencia internacional neste campo.

Ambas historias rematarán unidas no tempo e no espazo pola presenza dun raparigo mudo (e sen lingua, fisicamente falando) que se presentará de súpeto na casa do programador, desatando un enigma que ambos terán que resolver e que os conducirá a través dunha historia que nos fala do valor da linguaxe, da súa capacidade transformadora e da enorme perda de realidades que acontece cando un idioma morre.

 

 

Chévere e o seu ‘NEVERMORE’

Chévere e o seu ‘NEVERMORE’

Os “ecos” dos presos do Mosteiro de Oia

Roberto Pascual fálanos de ‘ECO’, a nova proposta escénica de Avelina Pérez, que está a cargo da dirección, a dramaturxia e a interpretación. ‘ECO’ é unha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do Mosteiro de Oia. A obra foi estreada no propio mosteiro. 

Revisitamos o mito de ‘Morgana en Esmelle’

Mércores de teatro con Roberto Pascual e a actualidade escénica:

‘Morgana en Esmelle’, a obra narrativa de Begoña Caamaño, revisita o mito e os personaxes de Camelot con Morgana de protagonista. Case 10 anos despois da súa publicación, a Compañía Sarabela Teatro leva a escena esta obra baixo a adaptación e dirección de Ánxeles Cuña. 

E tempo tamén para falar das ‘Residencias Paraíso’ que cada ano organiza o Colectivo RPM, e que este ano premiaron oito propostas escénicas, artísticas e de movemento. 

‘Serva me, servabo te’ e ‘A lúa vai encuberta’

Na colaboración de hoxe de Roberto Pascual sobre artes escénicas falamos de dúas producións recén estreadas. 

Por unha banda ‘Serva me, servabo te’, do Centro Dramático Galego, unha obra que ten o corpo como elemento central da escena.

Pola outra, ‘A lúa vai encuberta’, das compañías A Quinta do Cuadrante e Incendiaria sobre un texto de Manuel María, que cuestiona a nosa identidade como pobo.

Os monicreques de Esther Carrodeguas e María Lado

Na colaboración de hoxe de Roberto Pascual, teatro de monicreques para adultos. ‘República sideral’, de Esther F. Carrodeguas, unha farsa esperpéntica que parte da declaración da República Federal Independente da Illa de Arousa, durante unhas horas en outubro de 1934.

E ‘Ultramarinos Finisterrae’, de María Lado, que relata a desaparición do último ultramarinos da Costa da Morte e a súa reconversión nun hostal con encanto, co fondo sempre da especulación. 

Dúas obras que tratan temas actuais partindo da nosa memoria. 

De cando Fortimbrás se rebelou contra Hamlet

Roberto Pascual achéganos na súa colaboración ao texto teatral merecedor do III Premio Laudamuco. 

‘A vinganza de Fortimbrás’, de Francisco Antonio Vidal Blanco, é a historia deses personaxes secundarios que merecen atención. Unha reinterpretación do mito de Hamlet e a perda de Elsinor con inspiración tamén na obra de Cunqueiro e adaptada á sociedade galega actual.

‘O tsunami’, de Marcos Abalde Covelo

Na colaboración de Roberto Pascual falamos do libro “O tsunami”, de Marcos Abalde Covelo (Premio Abrente de textos teatrais 2020). Este premio sae do prelo na colección da Editorial Difusora. 
O autor define a súa peza como unha comedia perversa, unha tira política, a definición da aniquilación, un delirio, unha pornografía social.

A MIT de Ribadavia, teatro con personalidade propia

O noso colaborador de artes escénicas, Roberto Pascual, é tamén o director da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A edición 2021 está xa no seu ecuador, así que pasou polo Diario Cultural para contarnos como se está a desenvolver.

‘A contenda dos labradores de Caldelas’

‘A contenda dos labradores de Caldelas. Entremés famoso sobre a pesca no río Miño’ é a primeira peza teatral en galego. Este ano é o 350 aniversario desta obra de Gabriel Feijoo de Araujo, e sobre ela cóntanos máis Roberto Pascual. 

Pin It on Pinterest