Todas as colaboracións

Arte e deseño nunha cadeira

Mónica Maneiro avánzanos a mostra ‘Másters’, que a artista Amaya González Reyes inaugura o 28 de xuño no Espazo SVT de Sirvent, en Vigo. 

‘Mais unha vez máis’, Pablo Barreiro e Mauro Trastoy no Torrente Ballester de Ferrol

Mónica Maneiro comenta hoxe esta mostra que pode visitarse no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol ata o 12 de agosto. 

Françoise Vanneraud na Fundación Didac

‘Nin principio nin fin. Unha paisaxe á deriva’ é o título da exposición de Françoise Vanneraud que a Fundación Didac exhibe en Santiago ata o 17 de setembro. A artista francesa traballa o tempo e a paisaxe como territorio e narrativa histórica e memoria a través da fotografía, o debuxo, a pintura e a instalación. 

Os diálogos artísticos de Almudena Fernández Fariña

Mónica Maneiro comenta a mostra retrospectiva de Almudena Fernández Fariña no CGAC. ‘Pisando charcos’, comisariada por Susana Cendán, pode visitarse ata o 10 de setembro.

A ‘lindeira’ de Sonia Navarro

Mónica Maneiro comenta a mostra ‘Lindeira’, da artista murciana Sonia Navarro, que pode visitarse na galería Vilaseco da Coruña ata o 27 de xullo. A exposición fala dos lindes que a sociedade impoñía aos espazos que podían ocupar as mulleres e pon no centro actividades e materiais relacionadas coa costura e a patronaxe. 

Máquinas e distopías

Máquinas e distopías

O enigma do mar

Mónica Maneiro guíanos hoxe a través da exposición ‘El Siempre Mar‘, da artista e ceramista coruñesa Verónica Moar, que pode visitarse na galería madrileña Ponce & Robles. Unha mostra na que o mar é protagonista e que nos fai cuestionarnos a súa natureza. Moar parte dunha técnica depurada como artesá para mostrarnos unha serie de fragmentos que piden ser contemplados minuciosamente. Algúns remiten ao día a día das xentes do mar e outros propoñen interrogantes ou transforman a propia natureza, a partir do uso da porcelana, o ferro, a madeira e mesmo o ouro e o platino.

Historia e territorio na última mostra de Suso Fandiño

Mónica Maneiro guíanos pola última exposición do artista Suso Fandiño,Historia dun tempo pasado‘, que pode visitarse na galería compostelá Patio de Luz. Unha colección de obxectos e imaxes articuladas en torno á idea de que pasado e futuro están interconectados de maneira cíclica. 

‘Samborondón”, Christian García Bello expón en Madrid

Mónica Maneiro conversa co artista coruñés Christian García Bello, que ata o 28 de maio expón na galería The Goma de Madrid a mostra ‘Samborondón‘. A exposición inspírase na lenda da illa de Samborondón. 

Arte e océano

Mónica Maneiro comenta ‘Liquid Ground‘, a exposición da artista Enar de Dios Rodríguez que acolle a galería compostelá Nordés. Unha grande instalación na que os océanos son protagonistas a través de ilustracións dos seres que os habitan, das exploracións do fondo mariño realizadas no pasado, das visións do futuro e das representacións dixitais que se constrúen hoxe para os espazos submarinos.

Pin It on Pinterest