Todas as colaboracións

‘Diario da guerra’, texto inédito de Francisco del Riego

Dolores Vilavedra comenta o ‘Diario da guerra’ de Francisco del Riego, un dos textos inéditos do homenaxeado nas Letras Galegas que ven a luz neste 2023.  A editorial Galaxia publica esta memoria que non aforra crueza no retrato da guerra de 1936 por parte de Del Riego, un dos moitos soldados forzosos daquel conflito.

O debut literario da xornalista Marta Villar

Dolores Vilavedra comenta Non temerás os coches amarelos, a dinámica primeira novela de Marta Villar, publicada por Edicións Xerais. Protagonizada por unha xornalista precaria, inclúe unha serie de historias paralelas e naturaliza unha posición de xénero moi clara.

As ‘Cartas de Galiza’ de Prosper-Henri Devos

Dolores Vilavedra comenta as oito crónicas que o xornalista belga Prosper-Henri Devos publicou en 1912. A editorial Laiovento recupera estes textos traducidos e editados pola profesora María Obdulia Luis Gamallo. 

Resistir é un paso de baile. A poesía de Miguel Sande

Dolores Vilavedra comenta a última entrega poética do tamén narrador e dramaturgo Miguel Sande. Brinde e desespero (Edicións Xerais) asómase aos vínculos familiares ao deterioramento implacable que provoca o paso de tempo. Con esta obra Sande conseguiu o premio de poesía Johan Carballeira. 

‘Pecados veniais’, dos que si se poden cometer

Dolores Vilavedra propón esta semana sermos un pouco pecadoras, pero nada grave. Con ela lemos ‘Pecados veniais’ (Xerais), o segundo libro da comunicadora Nazaret López, unha novela de relatos corais protagonizados por mulleres.

Falamos de ensaio: ‘Maternidades virtuosas’ de María do Cebreiro

Dolores Vilavedra fala esta semana de ensaio a propósito da nova obra de María do Cebreiro, ‘Maternidades virtuosas’ (Galaxia).

No rural pasan cousas

Dolores Vilavedra fálanos esta semana de ‘A agonía das folerpas’ (Galaxia), o libro co que Óscar Reboiras Loureiro gañou o II Premio de Novela Galicia Rural.

“Unha novela de intriga pero que tamén se constitúe nunha reivindicación do dereito a sermos diferentes. Unha narración que pon o foco na vida dunha pequena comunidade rural onde semella que nunca pasa nada…Pero xa se sabe que as aparencias enganan.”

Preguntámonos con Lorena López sobre as narradoras: aínda invisibles?

Dolores Vilavedra comenta hoxe o libro ‘Ainda invisiveis’ de Lorena López en Através Editora. A poeta reflexiona neste ensaio sobre os “puntos cegos” no proceso de recepción das obras de catro narradoras contemporáneas: Margarita Ledo, Patricia Janeiro, Cris Pavón e Teresa Moure.

Unha reivindicación das vidas anodinas

Vidas anodinas como a de William Stoner, protagonista de ‘Stoner’ (Rinoceronte), a novela de John Williams que nos presenta esta semana Dolores Vilavedra: “Unha clásica novela de personaxe, de factura impecable, que afonda na vida interior dun personaxe en apariencia anodino. Unha historia engaiolante sobre o sentido da vida e o poder do coñecemento como motor do noso existir.”

 

A materialidade da poesía de Yolanda Castaño

Un novo poemario de Yolanda Castaño nunca defrauda, e menos nesta ocasión: unha voz destemida e honesta que transita polos vieiros da memoria pero que tamén nos sitúa ante algunhas das cuestións fundamentais que moitas mulleres se ven -nos vemos- aínda obrigadas a respostar  na nosa construcción como suxeitos.  

Pin It on Pinterest