Todas as colaboracións
Cine galego no festival de Xixón
A escolma de Beli Martínez para Cineuropa
Beli Martínez comenta algúns dos filmes que podemos ver nestes días no festival
santiagués Cineuropa: Diarios de Otsoga do portugués Miguel Gomes e Maureen Fazendeiro,
A Chiara, de Jonas Carpignano e Malencolía, a última película de Alfonso Zarauza.
O Congreso ‘Small cinemas’ chega a Compostela
Beli Martínez tráenos na súa colaboración desta semana o congreso Small cinemas que se celebrou onte e hoxe en Santiago, na Facultade de Comunicación. O congreso que leva como subtítulo “Do celuloide ao streaming: conservación e circulación dos pequenos cinemas”. Esta 12ª edición da Small Cinemas Conference (organizada polo Grupo de Estudos Audiovisuais e celebrada por primeira vez en Galicia) reúne a participantes de máis de 20 universidades e outras institucións para tratar cuestións como o impacto do streaming nos pequenos cinemas, o papel do circuíto de festivais no posicionamento destes, a efectividade das políticas públicas para promovelos ou as posibilidades dos arquivos institucionais e comunitarios para conservar este cinema, con achegas que analizan casos de cinematografías como a galega, a polaca, a vasca ou a chilena, en moitos casos marcadas pola presenza de linguas minorizadas.
Beli Martínez mergúllanos nas novidades do cine e no SEMINCI
O cinema galego non para e a nosa colaboradora do audiovisual, Beli Martínez, vén dar fe disto unha semana máis, comezando pola Semana Internacional de Cine de Valladolid.
A muller rural galega no documental
A nosa galardoada colaboradora Beli Martínez repasa connosco as últimas novas do mundo audiovisual galego centrándose na muller e no rural galego e no cine documental.
Terror galego en Sitges
Repasamos con Beli Martínez a participación galega no festival de Sitges. Dentro da selección está ‘Jacinto’, de Javi Camino, unha adaptación libre e bizarra do crime de Santoalla; o filme ‘Tres’, producido por Frida Films e dúas curtas experimentais: ‘Mare’, de Guille Vázquez e ‘Aura’ das Also Sisters
Pallasos e terror no cine
Beli Martínez fálanos do documental Clown’s Planet de Héctor Carré e repasa a programación do Galician Freaky Film Festival.
Chega aos cines ‘Negro Púrpura’
Comeza o festival de cine de Donostia
Ángel Suanzes e Beli Martínez debullan desde Donostia esta 69ª edición do certame e a participación do cinegalego. O filme ‘Eles transportan a morte‘ e o documental ‘No somos nada‘ inauguran as seccións nas que se proxectan.
- ‹ Anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- …
- 11
- Seguinte ›