Todas as colaboracións

Tomás Porteiro presenta ‘La Charcutería’

Na colaboración de Alfonso Espiño falamos do músico Tomás Porteiro, que presenta o seu traballo en solitario. O seu proxecto leva por título ‘La Charcutería“. “É unha nova mostra do manexo de figuras como a ironía ou a metáfora, uns recursos que cada vez botamos máis de menos nas músicas populares”, asegura Espiño. O vídeo musical está dirixido e producido por Adras M. Cedrón.

Tamén lembramos que xa están dispoñibles as entradas para o vindeiro streaming de Tomás Porteiro. Será o 27 de febreiro na Ponte dos Concertos.

David Regueiro presenta o proxecto ‘O Camiño’

Na colaboración de Alfonso Espiño falamos de novidades musicais que xiran arredor da guitarra. David Regueiro presenta o seu proxecto ‘O Camiño’. Un traballo que xorde tras a chegada de Carlos Sabrafén a Galicia. 

Todo comeza cando Regueiro decide levarlle a súa vella Gibson 175 a Sabrafén para que lle faga unha serie de axustes. Así nace o proxecto ‘O Camiño’

Sabafrén constrúe unha guitarra de jazz con madeiras galegas e inspirada en Galicia, un instrumento que levará por nome ‘Maruxa’. A guitarrá percorrerá diferentes puntos da xeografía galega, seguindo o Camiño de Santiago.

A banda ITH e o grupo Transilvanians publican novos traballos musicais

Na colaboración de Alfonso Espiño escoitamos as novidades da escena musical. A banda de rock ITH publica o traballo ‘Frear o momento’ e o grupo Transilvanians presenta ‘Soulful Space’

Arturo Delgado e Carrizo preparan un dúo musical dende as súas casas

Na colaboración musical de Alfonso Espiño falamos de Arturo Delgado, que está traballando nun dúo xunto con Carrizo. “Están dándolle forma a gravacións caseiras de corte instrumental. Son como bandas sonoras imaxinarias de corte fronteirizo, con aroma western e desértico”, conta Espiño nas ondas da Radio Galega.

Coché Vil presenta ‘Invincible’, producido por Luminol Récords

Comezamos o 2021 coa colaboración musical de Alfonso Espiño. Hoxe coñecemos a Coché Vil, o novo proxecto de Coché Villanueva. O seu disco ‘Invincible’, producido por Luminol Récords, foi un dos últimos lanzamentos do ano. 

O grupo ‘Bar Bar Sónicos’ presenta o traballo ‘Alimentando o nervio’

Nesta colaboración de Alfonso Espiño falamos do grupo ‘Bar Bar Sónicos’, de A Pobra do Caramiñal. Presentan un novo traballo: “Alimentando o nervio”

Tamén falamos dun festival: o Lestrato Fest, que terá lugar na Sala Rebullón de Mos.

Carolina Rubirosa presenta o seu tema ‘Terra de nadie’

Na colaboración de cada domingo con Alfonso Espiño falamos de músicos que comezan a súa carreira en solitario, como é o caso de Carolina Rubirosa co seu novo sinxelo: ‘Terra de nadie’

A historia de Ismael Amor, o guitarrista de Boiro

Coñeces a historia de Ismael Amor? Descubrimos da man do noso colaborador Alfonso Espiño como é vida deste guitarrista de Boiro afincado en Santiago.

Lora, o dúo de música urbana que está de moda

Na colaboración de cada domingo con Alfonso Espiño falamos de Lora, un grupo emerxente de música urbana con gran éxito entre as xeracións máis mozas.

Finalistas do Concurso Fran Pérez ‘Narf’: Momboi e Ukestra do Medio

Na colaboración de cada domingo con Alfonso Espiño continuamos descubrindo os finalistas do Concurso Fran Pérez ‘Narf’. Nesta edición falamos de Momboi e Ukestra do Medio.

Pin It on Pinterest