Todas as colaboracións

‘Dunha costela rota’

‘Dunha costela rota’ é o poemario que hoxe nos presenta Alba Cid. Unha tradución de Lucía Novas do libro da irlandesa Annemarie Ní Churreáin. Unha edición bilingüe de Urutau editora. 

‘Todos os pasos fan ruído’

Sara Plaza Moreno acadou o  XXXIII Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé co libro ‘Todos os pasos fan ruído’Sara, nada na serra de Madrid, é mestra de formación, tradutora e revisora de textos. Aprendeu galego pola súa conta, preocupada pola situación social e lingüística galega.

Sobre ela e a súa poesía fálanos Alba Cid.

Isidro Novo, a poesía gasosa

Alba Cid reflexiona arredor da poesía de Isidro Novo con motivo da publicación da súa ‘Poesía galega reunida (1991-2017)’ na colección de Clásicos das Letras Galegas da editorial Galaxia. 

J. L. Calvo Vidal e Yago Rodríguez Yáñez foron os encargados de recompilar os seus poemas para esta celebración do que califican como un ‘outsider’, “arriscado, ás veces esquecido no relato oficial”.


Obra inacabada de Dosinda Christensen

Na súa colaboración, Alba Cid preséntanos o novo libro de Xerardo Quintiá. ‘Obra inacabada de Dosinda Christensen’ (Alvarellos), premio de poesía do Concello de Vilalba.

A obra poética de Isaac Díaz Pardo

A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo publicado por Xerais con edición de Esperanza Luz Mariño, é a obra que hoxe comenta Alba Cid. O pintor, ceramista e deseñador foi tamén poeta e escritor, e agora este volume recolle todo o seu traballo poético, disperso en revistas e outras publicacións. 

Palabra á intemperie

A nosa colaboradora de poesía, Alba Cid, fálanos de ‘Xela Arias, palabra á intemperie’: 

A través dunha conversa a tres bandas, Emma Pedreira e Laura Romero preséntannos a Xela Arias, poeta, tradutora, docente, letrista e, sobre todo, muller transgresora. Poemas a dúas voces, colaxes e ilustracións para recuperar e coñecer a figura dunha das nosas voces máis interesantes e, se cadra, máis descoñecidas da literatura.

‘Mamá pelicano’, premio Fiz Vergara

Alba Cid achéganos á lectura de ‘Mamá pelicano‘, de Alicia Fernández, premio Fiz Vergara de poesía. 

Redescubrindo ‘Cantares gallegos’

Redescubrindo ‘Cantares gallegos’

Os paxaros de Daniel Salgado

A nosa colaboradora Alba Cid chega hoxe ao Diario Cultural co novo poemario de Daniel Salgado: ‘Os paxaros e outros poemas’, editado por Xerais. 

Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz

‘Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz’. Dentro deste sorprendente título atopamos un poemario autoeditado de Celso Fernández Sanmartín, que ten como finalidade axudar á restauración desta casa. 

Queres saber máis? Escoita á nosa colaboradora Alba Cid. 

Pin It on Pinterest