Todas as colaboracións

O amor que nos religa en ‘Outrora Nós’ de Mevadeus

No comentario semanal de artes escénicas de Afonso Becerra, hoxe ‘Outrora Nós’ de Mevadeus: “Un poema escénico posdramático, que nos ofrece unha miríade de emocións sutís. Unha danza contemporánea que bebe de elementos da tradición. Mevadeus é unha compañía nova de teatro físico formada por Bal Castro, Inés Santos, Brais Pombo e Mara Neira, que malia a súa xuventude buscan esa inspiración na tradición do baile, da música e nun paraíso perdido. En ‘Outrora Nós’ pregúntanse “u-lo amor?” en forma de autocrítica para esas novas xeracións que parecen vivir a expensas das redes sociais.”

Somos mortais e vulnerables, pero non pasa nada

Afonso Becerra ponse hoxe moi existencialista para falarnos da verdade, esa que só existe no corpo, mentres as palabras minten. Esa verdade lévanos desta volta á danza coa compañía Furia Sotelo da coreógrafa Nuria Sotelo, coa peza ‘Mortais e vulnerables’. Un espectáculo no que a bailarina comeza mirando aos ollos do espectador, para acabar espíndose figurada e literalmente, con só unha tea branca cubríndolle o corpo. Aí está a verdade.

17 anos do Centro Cultural Vilaflor de Guimarães

Afonso Becerra convídanos esta semana a viaxar a Portugal, ata a cidade de Gimaraes, para coñecer o Centro Cultural Vilaflor, que celebrou o seu 17 aniversario. Como parte da festa, no CCVF púidose ver a obra ‘Larsen C’, do coreógrafo grego Christos Papadopoulos. 

Unha revisión teatral dos arraianos de Méndez Ferrín

Afonso Becerra foi o teatro e desfrutou moito na estrea de Contos arraianos, a adaptación teatral que fixo Sarabela Teatro (Ourense) de dous textos de Xosé Luis Méndez Ferrín, na dramaturxia e dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

“Non hai moitos espectáculos coma este nos nosos escenarios, con esa capacidade para reactivar a tensión esotérica e máxica que funde as súas raíces na nosa identidade cultural”

 

‘Papagena’, unha ópera escura e electrónica

Afonso Becerra lévanos á ópera con ‘Papagena’, o novo traballo da compañía ButacaZero con música de Iago Hermo. Unha ópera inspirada dobremente, na música e na historia, de ‘A frauta máxica’ de Mozart.

Retorno a Lugo para o Cartografía en Movemento

Afonso Becerra estréase como colaborador do Diario Cultural volvendo a Lugo, a súa cidade, para a 11ª edición de Cartografía en Movemento. 

“Volvín a Lugo e encontrei outro Lugo. Un pobo des-murallado. No MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo), un cento e medio de persoas acollendo, receptivas, participativas e agarimosas, propostas inhabituais de artes do movemento. Propostas moi abertas, as do primeiro día do festival, traballos en proceso, inacabados, que, sen dúbida, tamén axudan a abrir algo máis.”

Pin It on Pinterest