Todas as colaboracións

Caamaño & Ameixeiras e The Rolling Stones

Escoitamos con Tito Lesende unha das cancións do disco que Caamaño & Ameixeiras estrean este venres. ‘Quitar o aire’ é o segundo disco do dúo que forman a acordeonista Sabela Caamaño e mais a violinista Antía Ameixeiras. Un traballo conceptual producido polo Hevi que presentarán en directo o domingo 22 de outubro na Sala Capitol de Santiago.

Na selección de hoxe, outros dous discos novos, o ‘Hackney Diamonds’ de The Rolling Stones e Arcadia, da cantautora estadounidense Lily Kershaw. E ademais, recordamos o concerto especial que Dios ke te Crew darán en decembro para celebraren os seus “tremendos anos vinte”. 

Novidades de Xoel López e dani dicostas

Tito Lesende tráenos unha das cancións de ‘Caldo Espírito’, o novo álbum de Xoel López, que se publica este venres. Escoitamos tamén un novo tema de dani dicostas e avanzamos o concerto que os estadounidenses Calexico darán o Vigo o 11 de outubro.

Guadi Galego, Pamela Rodríguez, Luz Casal

Tito Lesende tráenos os primeiros petiscos de O.D.A., a nova canción de Guadi Galego, que se estrea este venres. Completamos o menú musical desta primeira semana de outono cun dueto da propia Guadi Galego con Pamela Rodríguez, artista peruana afincada na Coruña que acaba de publicar o EP ‘Meigas’. E soa tamén un dos temas de ‘Las ventanas de mi alma’, o último disco de Luz Casal, que actúa en Vigo o 6 e 7 de outubro. 

O debut de Mondra e os festivais desta fin de semana

Tito Lesende tráenos hoxe outro dos temas de ‘Ardén’, o primeiro disco de Mondra, publicado esta semana. Pasamos revista a algúns dos festivais dos próximos días escoitando a Lontreira, Sila Lúa e Familia Caamagno.

O novo de Grande Amore e outras músicas

Tito Lesende comenta o novo disco de Grande Amore, un dos nomes imprescindibles da última música galega. Escoitamos tamén a Rodrigo Cuevas e a rapeira coruñesa Kyr4, que forman parte da programación do ciclo Noites do Porto, e unha das cancións do disco que publicará este mes Salvador Sobral. 

 

Robert Plant, moito máis que o cantante de Led Zeppelin

Tito Lesende repasa a traxectoria de Robert Plant, o que fora vocalista de Led Zeppelin e cunha interesante andaina musical en solitario. Plant actúa o sábado 9 de setembro en Galicia, nun concerto trasladado finalmente ao Auditorio Municipal de Ourense.

 

Novas cancións de TAB e de Caamaño & Ameixeiras

Escoitamos nova música con Tito Lesende. ‘Estrella solitaria’, unha das cancións de Sed, o sexto disco de Triángulo de Amor Bizarro e ‘A pequena morte’, avance do que será o novo traballo do dúo Caamaño & Ameixeiras. E repasamos as datas de concertos de Sés e dos asturianos Alberto & García. 

Guía para o primeiro concerto de Guns N´Roses en Galicia

Tito Lesende repasa a traxectoria do grupo de rock estadounidense, que actúa o 12 de xuño en Vigo, no estadio de Balaídos. Recordamos a historia da banda estadounidense, a montaxe e repertorio desta xira mundial e as expectativas para este seu primeiro concerto en Galicia, que abrirán The Pretenders. 

Música para darlle a benvida a xuño

Tito Lesende tráenos hoxe música Boyanka Kostava no día da estrea do seu quinto álbum, ‘Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados’. Escoitamos o último sinxelo de Berto e o avance do álbum que Terbutalina publicarán no outono. A escolma musical deste xoves péchase con The Pretenders, que abrirán o concerto de Guns´N Roses en Vigo o 12 de xuño. 

De Carabela e Jethro Tull

Tito Lesende segue descubríndonos novas voces do pop galego, como os noieses Carabela, que acaban de publicar o disco ‘Nó’, ou os produtores Galician Army, coas súas remesturas de cancións do país en ‘Nós’. Anticipámonos aos concertos que Xoel López dará como Deluxe este verán e escoitamos a Jethro Tull antes dos seus concertos en Galicia desta fin de semana.

Pin It on Pinterest