Todas as colaboracións

Unha obra supernormal, dunha dramaturga supernormal

Roberto Pascual fálanos de ‘Supernormais’, un texto de Esther Carrodeguas que presenta o Centro Dramático Nacional con dirección de Iñaki Rikarte. ‘Supernomais’ é a historia dun grupo de persoas con diversidade funcional explorando o desexo sexual, pero é tamén unha comedia que denuncia as violencias exercidas cara este colectivo.

Un “porco de pé” moi actual

Onte foi a estrea no Teatro Principal de Ourense de ‘O porco de pé’, a adaptación da obra de Risco de 1928, que fixo Pepe Sendón desde Producións Teatrais Excentricas e con dirección de Quico Cadaval. Na estrea estivo o noso colaborador, Roberto Pascual, que nos conta todos os detalles. 

 

 

Un momento brillante para a comedia teatral

Repasamos con Roberto Pascual dúas obras que demostran a boa saúde da comedia no noso teatro: ‘Hotel Europa’ de Ernesto Is, e ‘Home’ de Antón Coucheiro. 

A Panadería na pel d’As que limpan’

Roberto Pascual comenta na súa sección de artes escénicas a última comedia social da compañía A Panadería. ‘As que limpan’ é un perfil desas mulleres que traballan na limpeza dos hoteis.

Música, risas e reflexión no novo de Ibuprofeno Teatro

Música, risas e reflexión no novo de Ibuprofeno Teatro

En ‘Drop’ os malabares son como a vida

‘Drop’ é un espectáculo de malabares, pero tamén, e sobre todo, Drop é un espectáculo de malabaristas. Personas que desenvolven unha cualidad especial para manter obxectos flotando no ar. Un xogo de nenos convertido nun xeito de vida.

Circo contemporáneo é a proposta que hoxe nos presenta Roberto Pascual con este espectáculo de malabares, ‘Drop’, de Pistacatro.

‘Inloca’, da Triloxía da fraxilidade de Matarile Teatro

Roberto Pascual fálanos de ‘Inloca’, a segunda parte da Triloxía da fraxilidade de Matarile Teatro, dirixida por Ana Vallés.

‘A Peste’ chega ao Salón Teatro

Roberto Pascual estivo nun ensaio de ‘A Peste’, a produción do Centro Dramático Galego que se estrea mañá no Salón Teatro de Compostela e falounos desta historia e da súa dramaturxia. 

Dirixida por Cándido Pazó, é unha versión teatral inspirada na obra de Albert Camus, coa que reflexionar sobre o comportamento da sociedade e dos individuos durante situacións de crise.

 

Falar por falar

Roberto Pascual preséntanos o espectáculo ‘Falar por falar’ da compañía Volta e dálle, interpretado por Carlos Santiago e Victor Mosqueira.

Todo indica que o futuro da lingua galega é incerto. Malia os niveis de protección legal do idioma, e case dous séculos de rexurdimento civil e literario, o descenso de falantes é evidente, con grande incidencia nas novas xeracións de galegas e galegos. Pero alén e aquén das análises socio-lingüísticas, a lingua segue viva e reclama o seu lugar natural nas nosas vidas. Atravesada por conflitos de longa data e certamente mareada polos avatares da política, a lingua espera sempre por nós nalgún punto do camiño.

 

 

O talento de Marta Pazos no Centro Dramático Nacional

Marta Pazos, directora artística da compañía Voadora, leva o seu talento aos teatros de Madrid co Centro Dramático Nacional. Dirixe ‘Comedia sen título’, a obra inacabada de Federico García Lorca na que reflexiona sobre a idea caduca de que a vida real se reflicte sobre as táboas. 

Pin It on Pinterest