Todas as colaboracións

‘A nota’, un libro-acordeón para xogar

Montse Pena Presas recomenda hoxe a lectura de A nota de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán, traducido por Manuela Rodríguez en Kalandraka. Un libro en forma e acordeón para xogar e descubrir o camiño dunha misteriosa nota que vai pasando de man en man. 

 

 

Metémonos ‘No xardín do poeta’ con Antonio García Teijeiro

Montse Pena Presas trae hoxe a lectura de ‘No xardín do poeta’ de Antonio García Teijeiro, ilustrado por Víctor Rivas en Xerais, un volume que nos serve para celebrar por adiantado o día da poesía, que é o vindeiro 21 de marzo.

 

 

‘Neko’ de Eva Mejuto, unha historia para entender o 8M

A colaboración de Montse Pena Presas ten como protagonista a ‘Neko’ de Eva Mejuto, publicado por Oqueleo, porque é unha desas historias nas que nos podemos mergullar para entender os motivos do 8M e para seguir reivindicando os nosos dereitos como mulleres.

 

 

Como contarlle a guerra ás crianzas?

Montse Pena Presas fálanos hoxe de libros que viñeron para quedar e que agrupamos arredor dunha temática desafortunadamente moi de actualidade: a guerra. Ímonos centrar especialmente en dous: Por que? De Nicolai Popov, publicado por Kalandraka e Valados (2009), de Agustín Fernández Paz, publicado por Xerais.

‘Chuvisca’ e ‘Capitán Lentella’

Montse Pena Presas fálanos hoxe sobre ‘Chuvisca’ de Fernando Pérez Hernando, traducido por Manuela Rodríguez para Kalandraka e ‘Capitán Lentella. Aventura a todo gas’ de Jorge Campos en Xerais, un álbum ilustrado e un cómic unidos polo humor.

 

Contos de crebeiras e avestruces

Contos de crebeiras e avestruces

Aprendemos a debuxar o mundo

Aprendemos a debuxar o mundo

‘Dous osiños’, unha aventura salvaxe e fotográfica

Dous osiños, irmá e irmán, asomáronse ao mundo. Naceran durante o inverno, baixo a neve que cubría a súa cova quentiña. Agora querían saír para sentir a calor do sol, correr por riba da herba e ulir as flores. Aquel día, mamá osa decidiu ir na procura de mel ao bosque…

Así son estes ‘Dous osiños’, unha pequena xoia da literatura infantil e xuvenil que hoxe comenta Montse Pena Presas. Escrita no 1957 por Ylla, unha pioneira da fotografía de natureza que tamén escribiu contos. Neste álbum combina texto e fotografía, e agora Kalandraka recupérao con tradución de Xosé Ballesteros. 

Lecturas para rir e para emocionarnos

Cos libros podemos rir a gargalladas, e tamén podemos emocionarnos e soltar algunha que outra lágrima. Montse Pena Presas pretende as dúas cousas coas súas lecturas. ‘Vaia cabuxiño!’ de El Hematocrítico, e ‘Chora, corazón, pero endexamais raches’, de Glenn Ringtved.

Poemas e contos que soan

Montse Pena Presas vén hoxe cargada de libros, poemas e contos que soan. ‘Poemas bestas e outros bechos’, animais moi humanos nestes poemas de Leire Bilbao, con ilustracións con vida propia de Maite Mutuberria. Está traducido ao galego por Isaac Xubín en Kalandraka. 

E ‘Madeira e metal’, a vida de Aixa ao mudarse a unha cidade desde a aldea, que nos conta Laura Rey Pasandín en Baía.

Pin It on Pinterest