‘Unha saca de patacas’, de Francisco Coimbra
Dolores Vilavedra lévanos hoxe ata Macau con ‘Unha saca de patacas’, de Francisco Coimbra. Publica Xerais.
Dolores Vilavedra lévanos hoxe ata Macau con ‘Unha saca de patacas’, de Francisco Coimbra. Publica Xerais.
Con Dolores Vilavedra falamos do libro “Hotel Carioca”, de Antón Riveiro Coello. Galardonado co I Premio Álvaro Cunqueiro de Novela 2022, foi editado por Galaxia.
Dolores Vilavedra tráenos a obra “Diarios/1 [Azul Monforte]”, escrita por Antón Lopo e editada por Espiral Maior. O poemario foi galardonado co Premio Fiz Vergara Vilariño.
Dolores Vilavedra tráenos a antoloxía de relatos LGBTIQA+ “Alguén nos lembrará”, coordinada por Nee Barros para Edicións Xerais.
Dolores Vilavedra comenta o poemario Montaña Ioga de Lupe Gómez, libro gañador do XXI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño.
Dolores Vilavedra fálanos esta semana de Perder (2016-2021), de Roberto Salgueiro. Trátase dunha complicación de textos do autor de entre 2016 e 2021 que aparece na colección Teatro da Editorial Galaxia.
Dolores Vilavedra comenta Perder as bestas, a última novela de Manuel Veiga Taboada. O relato lévanos ata os anos 40, cando as partidas de guerrilleiros comezan a reagruparse coa esperanza de que o final do nazismo sexa tamén o final da ditadura. É entón cando o goberno organiza as chamadas contrapartidas, formadas por gardas e exmilitares, que actúan baixo a falsa bandeira coa finalidade de sementar o terror e desprestixiar os sues adversarios.
Dolores Vilavedra comenta a novela ‘Viva a Comuna!’ na que Carlos Meixide fai un fresco da Comuna de París de 1871, e tamén da xénese e derrota desta revolución. Unha novela de case 600 páxinas cuxo volume non debe atemorizar os lectores porque a narración áxil e dinámica, axudada pola mestría dos diálogos. O libro presenta unha galería de personaxes fascinantes e móstranos tamén o París dos cafés, dos barrios e dos xornais. Edicións Xerais publica esta novela histórica, de ideas, de aventuras, con pingas de amor e de erudición.
Dolores Vilavedra comenta ‘A incrible viaxe das plantas’, do botánico italiano Stefano Mancuso, publicado por Rinoceronte Editora en tradución de Moisés Barcia. Un libro “diferente e engaiolante”, mestura de manual de Botánica, libro de viaxes e colección de relatos protagonizados por plantas.
Dolores Vilavedra analiza ‘A muller xabaril’, unha novela de Fina Casalderrey para público adulto publicada por Edicións Xerais. Unha achega narrativa ambiciosa, que encerra un enigma, e está inspirada nunha persoa real que a autora coñeceu en Pontevedra.