Todas as colaboracións

Festival D’A e Carballo Interplay

 

Andrea Villa repasa a presenza galega no festival D’A de Barcelona, con filmes producidos por Ángel Santos como Las tierras del cielo, Din que non falan ou Alicia fai cousas, que tamén dirixe. Ángel Filgueira estrea no certame a súa Cando toco un animal; e avanzamos parte da programación da décima edición do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que comeza o próximo mércores. 
 

 

Mes do cine europeo nos cines Dúplex de Ferrol

Andrea Villa cóntanos hoxe que o cine Dúplex de Ferrol foi escollido para representar a España no Mes do Cine Europeo, que comeza este domingo.  E coñecemos tres películas galegas que van participar no festival de Xixón, ‘Foreign song’ de César Souto, ‘Al otro lado del mar, de Eloy Domínguez Serén e Samuel Moreno e mais ‘O neno sardiña’ de Lucía Estévez. 

Cine para o mes de novembro

Andrea Villa fálanos e ’13 exorcismos’, un filme do coruñes Jacobo Martínez sobre un caso real. Tamén nos avanza a 36ª edición de Cineuropa e fainos recomendacións para os primeiros días de proxeccións.

Cine galego para ver na casa esta ponte

Andrea Villa tráenos cine galego para ver na casa nesta próxima ponte. Filmes como ‘Nación’, de Margarita Ledo; ‘Eroski Paraíso’, de Xesús Ron e Jorge Coira; ‘Os días afogados’, de Luís Avilés e César Souto, ou ‘O Apóstolo’, de Fernando Cortizo, que estará dispoñible na web oapostolo.com desde o venres á noite e durante toda a fin de semana para celebrar os 10 anos do filme. 

Festivais de outubro e ‘Pringadas’

Andrea Villa condúcenos pola actualidade semanal do audiovisual galego. Ademais do festival Intersección na Coruña e do Festival de Cine Inclusivo de Vigo falamos hoxe da serie ‘Pringadas’ de Belén Puime, que narra as aventuras universitarias de tres mozas en Santiago. 

Festivais de cine que duran todo o ano

Repasamos con Andrea Villa parte da axenda de Curtocircuíto, que se desenvolve en Santiago até o domingo.
E preguntámonos que fan os festivais de cine fóra das súas datas, un traballo menos coñecido que repasamos cos exemplos do S8, o PlayDoc e o Novos Cinemas.

‘Kumo Kosa ta’, Adrián Canoura e Baiuca no Caribe colombiano

Andrea Villa avánzanos hoxe algunhas das curtametraxes galegas que poderán verse no festival Curtocircuíto, do 1 ao 9 de outubro. Tamén nos avanza unha das estreas galegas do OUFF, a mediametraxe ‘Kumo Kosa Ta? Recuerdos de Palenque’ de Adrián Canoura, cineasta e artista visual que forma parte do proxecto musical Baiuca. A peza realiza un retrato da viaxe da banda na súa xira por Colombia e da súa residencia artística en San Basilio de Palenque. 

Andrea Villa avánzanos os festivais de cine do outono

Andrea Villa estréase como colaboradora de audiovisual do Diario Cultural adiantándonos os festivais de cine deste outono e debulla a programación do festival RIR de Allariz e do FIC Bueu. 

Pin It on Pinterest