Todas as colaboracións

Alberto Vilas e o Coro da Ra

Alfonso Espiño pica música do pianista de jazz Alberto Vilas antes do seu concerto en Cangas e a última peza do Coro da Ra, unha versión do clásico de Jobim “Águas de março”.

‘Los Eternos’ actúa no Teatro Jofre de Ferrol

Na colaboración musical de Alfonso Espiño no Diario Cultural falamos do concerto do próximo sábado 17 de abril no Teatro Jofre de Ferrol. Alí actuarán o grupo ferrolán Mentah e Los Eternos, de Cedeira.

Escoitamos o álbum ‘Blut’ da artista BabyKatze

Na colaboración do Diario Cultural con Alfonso Espiño descubrimos o disco ‘Blut’ de BabyKatze, unha artista arxentina afincada en Vigo. Entre os títulos máis destacados está ‘Pantera Crystal Remix’. Neste espazo musical, falamos tamén da volta das músicas ao vivo. A artista coruñesa María Jesús Cabana, Astrogirl, anuncia concerto en Ribadavia.

Músicas para o domingo: Lado C e Óscar Avendaño

Na colaboración de Alfonso Espiño no Diario Cultural descubrimos a música de Lado C e Óscar Avendaño.

Músicas ao vivo con Just Us e Barullo Tango

Na colaboración do domingo con Alfonso Espiño falamos de próximos concertos. O dúo portugués Just Us, integrado por Sandrine Orsini e Ricardo Dikk, percorre a xeografía galega para ofrecer música ao vivo. O último concerto foi na SalaSon de Cangas. Tamén descubrimos ao dúo Barullo Tango, formado por Alejandro Szabo e Alejandro Casquero.

 

Músicas para o domingo: Thee Virus e Mallou

No Diario Cultural con Alfonso Espiño facemos balance dun ano de pandemia no mundo musical. Xusto hai un ano, o 14 de marzo do 2020, chegaban estreas, novos traballos e publicacións. Camiños musicais que quedaron sen saída e que hoxe, un ano despois, escoitamos e lembramos nas ondas da Radio Galega.

Alfonso Espiño recorda este ano de pandemia recuperando a música dos coruñeses Thee Virus e pecha esta semana do 8 de marzo cunha canción de Mallou, o novo proxecto de Sabela García Bello e Benxamín Vázquez.

Escolma de grupos musicais que retoman as actuacións en directo

Na colaboración do Diario Cultural con Alfonso Espiño falamos da música ao vivo. Coñecemos grupos que teñen previstas actuacións e concertos nos próximos días, entre eles está Zënzar, unha banda de Cerceda que publicou o traballo “Benvidas ao futuro”.

Música galega para o domingo: Miguel Iscar e Lía Pamina

Na colaboración musical de Alfonso Espiño descubrimos dous novos singles:
 No primeiro, “Polysemic dialogue“, o músico coruñés Miguel Iscar fai unha viaxe introspectiva valéndose da psicodelia, o rock progresivo e a electrónica.
No segundo, “Lúa Descolorida”, Lía Pamina e Os Peregrinos musican poemas de Rosalía de Castro en clave de bossa nova.

Alba Wayra publica ‘Tantas razóns’

Na colaboración de Alfonso Espiño na edición do Diario Cultural dos domingos falamos das novidades musicais:

Dende Palencia chegou a cantautora Alba Wayra. Non tardou moito en comezar a compoñer en galego melodías que, nas súas palabras, son medicina para a alma.

Miguel Alberte presenta ‘Humo’

Na colaboración de Alfonso Espiño no Diario Cultural descubrimos as novidades musicais da semana:

Logo de publicar ‘Rúa Arcebispo Malvar’, o músico pontevedrés Miguel Alberte edita un novo sinxelo. Trátase dunha nova versión dun tema que aparecera no seu primeiro disco. A canción, chamada ‘Humo‘ é unha oda ás locomotoras de vapor e a nostalxia dun romanticismo “un tanto esaxerado, pero sincero”. Unha creación que, segundo o autor, merecía unha revisión e unha segunda oportunidade.

Pin It on Pinterest