Todas as colaboracións

‘O outro lado da música, a poesía’

Alba Cid comenta ‘O outro lado da música, a poesía’, de Luisa Villalta, que vén de recuperar a editoral Galaxia. Publicado orixinalmente en A Nosa Terra, neste ensaio Villalta traza a relación entre ambas artes, música e poesía, na historia da literatura galega. 

‘URDA’ de quico, o poema que se despraza

Imos ata a colección Elba de Chan da Pólvora editora, onde aparece o Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón 2020, que recaeu en quico polo poemario ‘URDA’. Alba Cid revisa a traxectoria deste premio en homenaxe ao poeta de Dodro e tamén do propio quico como libreiro e axitador cultural á fronte de Chan da pólvora. 

 

 

 

 

A poesía como arte insurxente

Aparece en Rodolfo e Priscila, unha editora nova que saudamos hai apenas uns meses, a tradución dun libro breve pero referencial de Lawrence Ferlinghetti con tradución de Daniel Salgado, ‘A poesía como arte insurxente’. Del fálanos Alba Cid. 

 

 

Manuel Rivas enfronta o presente en ‘O que fica fóra’

Aparece en Apiario un novo poemario de Manuel Rivas, un xénero que o autor nunca abandonou, pero ao que non volvera desde o 2015 con aquel ‘A boca da terra’. Agora volve con ‘O que fica fóra’, da colección Cera Labrada, un poemario que une palabra e caligrafía, procedemento que nos leva directamente á poesía de Uxio Novoneyra.

‘O que fica fóra’ ten algo de navegación persoal para estes tempos de deriva, analiza o presente incerto, recolle a voz do que está en perigo. Alba Cid comenta na súa última colaboración de 2021 este regreso de Manuel Rivas á poesía. 

21 poetas do século XXI

“As máis novas voces, as novísimas, que se achegan ao xénero estrela da literatura galega desde os seus inicios”. Estas voces están reunidas na antoloxía ’21 poetas do século XXI’, coordinada por Carlos da Aira, de Aira editorial. Comenta Alba Cid

‘Darbo’ de Pablo Otero, un réquiem delicado

Alba Cid preséntanos unha novidade de Apiario: ‘Darbo’, de Pablo Otero, é un réquiem delicado e velado que observa as modulacións da luz. A chegada de Pablo á poesía “para adultos”, que nos remite a unha escenografía mínima e humilde, con gran protagonismo do mar. Unha lectura entre o terrenal e o onírico. 

A “extinción” segundo Marta Dacosta

Polo Día das Escritoras, Alba Cid mergúllanos en ‘Notas sobre a extinción’, o poemario de Marta Dacosta. “Versos que nos convidan a deternos, a reparar nas belezas pequenas. Dacosta insiste na contemplación da paisaxe a través das palabras.”

Ler o ‘Lume branco’ de Antonia Pozzi en galego

Alba Cid, na súa colaboración de poesía, comenta unha novidade en tradución ao galego: ‘Lume branco’, poemas de Antonia Pozzi, nunha escolma e tradución de Lara Dopazo para Rinoceronte. 

A ‘Permanencia’ de Castillo Suárez

Xa podemos ler á autora navarra Castillo Suárez en galego. O seu libro ‘Permanencia’ vén de ser traducido do éuskaro por Isaac Xubín na editorial Vento Alto. 

Cóntanos máis sobre o seu traballo Alba Cid. 

‘Que hostia din os rumorosos?’

‘Que hostia din os rumorosos?’ é o regreso á poesía e ao combate do grupo Rompente. 

Cóntanos máis a nosa colaboradora Alba Cid. 

Pin It on Pinterest