Anticipámonos á publicación do inminente disco dos estadounidenses The Dandy Warhols, pero tamén ao novo traballo de Mucho. Isto último é o proxecto de Martí Perarnau IV, a quen se ve moito por Nigrán porque é o teclista habitual de Iván Ferreiro.
Ademais, e pensando na fin de semana, lembramos a dobre cita co ferrolán Andrés Suárez na sala Capitol (Santiago de Compostela).
Como alternativa, a proposta do reputado músico estadounidense Chuck Prophet, que fará un concerto especial este sábado en La Iguana (Vigo) co repertorio dos Rolling Stones. Estará acompañado no escenario por Charlie Sexton, un ilustre a quen tamén veremos en abril como guitarrista de Bob Dylan.