Todas as colaboracións

Novos discos de Raconteurs e Hollywood Vampires

Tito Lesende despide a tempada no Diario Cultural das 17:30 coa estrea dos discos de s Raconteurs e Hollywood Vampires. Tamén nos avanza as novas incorporacións ao Festival Noroeste e as actuacións polo Día de San Xoán na Coruña. 

Novos discos de Santana e Bruce Springsteen

Tito Lesende fálanos do retorno de dúas vacas sagradas do rock internacional a piques de estrear novos discos: Santana (coa voz de Concha Buika) e Bruce Springsteen. 

‘Los eternos’ presenta o disco ‘Vientos Solitarios’

O grupo de Cedeira ‘Los eternos’ presenta novo disco, titulado ‘Vientos Solitarios’. Falamos con eles no espazo de música con Tito Lesende.

‘Os amigos dos músicos’ presentan novo disco

Os amigos dos músicos presentan novo disco, titulado ‘Segundo Fogar’. Descubrimos todos os detalles na colaboración de hoxe con Tito Lesende.

Programa especial polo concerto de Mark Knopfler

O Diario Cultural emite hoxe un programa especial dende o Coliseum da Coruña donde esta noite actuará o fundador dos ‘Dire Straits’, Mark Knopfler, coa súa xira mundial ‘Down the road wherever’.

Temos con nós ao noso colaborador Tito Lesende e a óscar Rosende da banda tributo a Knopfler.

Programa especial polo concerto de Bob Dylan

Programa especial do Diario Cultural dende o Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela onde esta noite actúa Bob Dylan. Por iso temos un programa monográfico sobre o músico no que contamos co noso colaborador musical Tito Lesende e co músico Javi Pardo

Mañá comeza o FIV de Vilalba

Tito Lesende recórdanos que mañá comeza o FIV de Vilalba con concertos de Marem Ladson, Depedro, Sidonie DJ, Miss Cafeína ou La Moda e sábado un dos concertos máis agardados do festival, o de Iván Ferreiro, que ademais participa no disco de homenaxe a Mecano que sae mañá ao mercado cunha canción en colaboración con Love of Lesvian .

Tamén hoxe comeza en Pontevedra o Festival Galegote Rock e o luns concerto de Bob Dylan en Santiago.

Dende Teenage Fanclub ata Javi Maneiro

Tito Lesende fálanos da actuación dos escoceses Teenage Fanclub en Santiago de Compostela a vindeira semana, onde estarán acompañados polos vigueses Isius. Tamén recomendación para nos perderse a Javi Maneiro nin ao cuarteto feminino The Dawlins, liderado pola galega Catalina Salom.

‘Pixies’ visita Galicia por primeira vez o 26 de outubro

Tito Lesende achéganos os concertos que nos agardan nos vindeiros días, como o de Kiko Veneo ou David Bustamante hoxe en Ourense, pero tamén o de Xoel López que mañá estará en Narón ou o grupo ‘Grilo’ que actuará en Compostela. Ademáis nesta semana tamén coñecimos que o FIV de Vilalba ten os abanos esgotados e alí actuará a ourensán Marem Ladson.

Por último, hoxe coñeceuse que ‘Pixies’ actuará en Galicia por primeira vez o vindeiro 26 de outubro e xa non quedan entradas.

“El sombrero roto” de Kiko Veneno

Tito Lesende mergúllanos no  novo disco de Kiko Veneno que sairá a venta o venres cun cambio estilístico notable. Ademáis achéganos a axenda da fin de semana onde destaca os concertos da banda canaria Los Vinagres e dos estradenses Gharabullo. Por último anticípanos o novo disco de Mavis Staples.

Pin It on Pinterest