Todas as colaboracións

Paul McCartney presenta novo disco con dúas cancións inéditas: “Home tonight” e “In a hurry”

Presentamos unha das novísimas cancións de Paul McCartney, que tamén anunciou un recital en Barcelona en 2020. E centrámonos nalgunhas das citas musicais desta fin de semana: Kiko Veneno estreando o museo MEGA de Estrella Galicia como recinto de concertos (venres 29), as portuguesas Anarchicks regresando a Galicia para tocar en Compostela (venres 29) e Cangas (bado 30) e os nosos clásicos Heredeiros da Crus enchendo a sala Capitol (bado 30).

Viaxamos con Tito Lesende á feira Monkey Week de Sevilla

Viaxamos con Tito Lesende á feira Monkey Week de Sevilla e comentamos a presenza galega neste festival, con proxectos como Baiuca ou Blanco Palamera.

Lembramos, ademais, dúas citas importantes dos vindeiros días: os concertos do estadounidense Curtis Hanrding en Ferrol, e o das galegas Agoraphobia en Santiago de Compostela.

Tito Lesende achéganos ás citais musicais dos próximos días que non podemos perder

Os cántabros “Los Estanques”, os vigueses “Presumido” ou Guadi Galego, co seu novo traballo “Inmersión”, son algunhas das citas que dominan o panorama musical de Galicia nos vindeiros días.

Pardo presenta o seu disco ‘Santa Cruz’ na Coruña

Este xoves centrámonos na intensa actividade musical de pop e rock nos escenarios galegos. Comezando por Pardo, que presenta o seu disco “Santa Cruz” no Playa Club (A Coruña). Ademais, Xoel López pecha a súa xira e participa nun traballo de homenaxe ao “Mediterráneo” de Joan Manuel Serrat. Os lugueses Holywater seguen ofrecendo concertos en Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela. E, por último, o grupo madrileño Morgan regresa esta fin de semana a Vilalba e Santiago de Compostela.

Tito Lesende achéganos unha representación de traballos musicais que se presentarán nos próximos días

Os granadinos “Colectivo Da Silva”, o arxentino “Vicentico”, o “Dúo Fangoria”… son algúns dos artistas que, nos vindeiros días, publicarán novos traballos. 

Viaxamos arredores dos Pixies con Tito Lesende

Tito Lesende fálanos da historia dos Pixies. Os de Boston estarán por primeira vez en Galicia: o sábado, ás 22:00, no Coliseum da Coruña. 

Ortiga publica o disco ‘Chicho y sus chicas’

Centrámonos no primeiro disco de Ortiga, un traballo verbeneiro e merengón titulado “Chicho y sus chichas”. Publícase este venres 18 de outubro. O seu lanzamento coincide co novo de Depedro, un artista tan habitual nos escenarios galegos que poderiamos empadroalo.
Entre as citas desta fin de semana, lembramos os novos concertos de Los Eternos na Coruña e Lugo. Tamén, a participación da californiana Kim Lenz no Outono Códax Festival, en Santiago de Compostela.

Tito Lesende lévanos de paseo polos universos do pop e do rock

Os Maigos dos Músicos, Allah – Las, Agoraphobia e Guadi Galego protagonizan esta sección. 

Tito Lesende tráenos a programación musical deste San Froilán

Sés abre o San Froilán co repertorio de “Rabia ao silencio”, pero a programación das festas en Lugo ofrece moito máis. Pola súa banda, os cataláns Cala Vento, unha das propostas máis interesantes do pop independente estatal, fan estes días xira pola Coruña, Vigo e Ourense.Por último, lembramos a publicación do novo disco do grupo pontevedrés Bifannah, chamado “Danças líquidas”.

A banda Moito! presenta ‘Ingeniería inversa’

Este xoves dividimos a atención entre o pop actual e os clásicos internacionais. Primeiro parámonos na banda galega Moito!, que toca o venres 27 en Vigo, presentando “Ingeniería inversa” nun concerto compartido con Igloo. O bado 28, o Campus de Esteiro en Ferrol acolle o festival Festeiro, no que toca, entre outros artistas, La Bien Querida, da que podemos anticipar un tema do seu inminente novo disco.

No eido internacional lembramos a importancia de Judas Priest, que vén de ser anunciado para o Resurrection Fest de Viveiro en 2020. E despedimos co clásico John Mayall, cuxa xira de 85º aniversario pasa pola Coruña e Pontevedra a vindeira semana.

Pin It on Pinterest