Todas as colaboracións

No eido do pop e o rock, falamos de dous grandes focos de interese masivo esta fin de semana en Galicia

No eido do pop e o rock, hai dous grandes focos de interese masivo esta fin de semana en Galicia: os dous concertos multitudinarios de Vetusta Morla no Coliseum da Coruña e a Festa do Queixo de Arzúa, onde estarán Baiuca, Novedades Carminha ou MJ Pérez. 

E, ademais dos finalistas dos Premios Martín Códax da Música en Galicia, onte divulgáronse tamén os candidatos aos Premios MIN da Música Independente no ámbito estatal. Entre eles están Xoel López (que anda estreando xa nova música) e o fenómeno asturiano Rodrigo Cuevas.


 

Falamos de tres grupos galegos ben diversos que amosan estes días o seu talento nos nosos escenarios

Nesta ocasión, con Tito Lesende falamos de tres grupos galegos ben diversos que amosan estes días o seu talento nos nosos escenarios: Dakidarría, Willie & Winnie e Novedades Carminha. Pero tamén anticipamos o lanzamento do esperadísimo disco de El Columpio Asesino, referente do pop alternativo que estará en xullo no festival Portamérica. 

‘Ruxe Ruxe’ e ‘Dios Ke Te Crew’, protagonistas da música en Galicia

A actualidade da música galega nos escenarios ten dous puntos de gran interese: a estrea do novo repertorio de Ruxe Ruxe en Santiago de Compostela e a visita de Dios Ke Te Crew á Coruña. Ademais, escoitamos a música dos asturianos Alberto & García e as madrileñas Cariño; ámbalas formacións tocarán en Galicia nos vindeiros meses.

Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock

Anticipámonos ao lanzamento de “Liberar as arterias”, o inminente disco de Sés, que a artista galega presenta en xira por cidades latinoamericanas, españolas e galegas. Ademais, ofrecemos un aperitivo dos novos traballos de Green Day e O’Funk’illo, co baixista ferrolán Pepe Bao. Finalmente, lembramos a presenza en Ourense e na Coruña do grupo canadiano Bywater Call. 

Nastasia Zürcher e Rebeliom do Inframundo actúan na Coruña

Na colaboración de pop e rock do Diario Cultural, Tito Lesende comeza con dous artistas galegos que coinciden estes días nos escenarios da Coruña: Nastasia Zürcher e Rebeliom Do Inframundo. En canto ás novidades discográficas, adiántanse dous lanzamentos internacionais de nomes ben recoñecidos: Pet Shop Boys e Pearl Jam publicarán proximamente os seus novos discos e aquí se ofrecen respectivos anticipos.

A Banda da Loba actúa este sábado en Capitol

Abrimos lembrando a cita coa Banda da Loba este sábado na sala Capitol (Santiago de Compostela). Pero a temporada de estreas discográficas dispárase, e hai que estar atentos á nova música de Bunbury e Bombay Bicycle Club. Por último, imos facendo boca para as próximas actuacións dun dos artistas galegos máis en forma: Baiuca. Todas as propostas mencionadas empezan por B, pero iso é casualidade!

Comezamos a temporada rock 2020 co grupo galego “SOLRAIN”, que tocará na sala Mardi Gras da Coruña este sábado 11 de xaneiro

Comezamos a temporada rock 2020 co grupo galego SOLRAIN, que se inspira na escola clásica do xénero e tocará na sala Mardi Gras da Coruña este sábado acompañando a Polisong. O domingo, Santi Araújo ofrecerá un concerto moi especial no pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela interpretando o repertorio de La Familia, o grupo que liderara hai case unha década. Completan a nosa axenda os arxentinos Él Mató A Un Policía Motorizado, que visitarán Galicia en breve. E, para despedir, un anticipo do novo disco de Echosmith. 

Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock galego, estatal e internacional

Tito Lesende achéganos as novidades do panorama pop e rock galego, estatal e internacional

O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro

O lendario grupo inglés The Zombies visita A Coruña o venres 13 de decembro e a ocasión merece un monográfico.

The Zombies non tiveron a sorte de moitos dos seus coetáneos, malia o seu enorme talento: son autores dun disco referencial e de varias cancións que seguramente moitas persoas recoñecerán sen saber a qué grupo pertencen. Para colmo, disolvéronse xusto antes de que un dos seus temas, “Time of the season”, conseguira unha gran popularidade internacional. Ao longo deste século, os seus dous compoñentes fundamentais (o teclista Rod Argent e o vocalista Colin Blunstone) reformaron o proxecto e veñen tocar ao Playa Club aos seus 74 anos e nun bo estado de forma.

Tito Lesende fálanos de diferentes propostas musicais, algunhas galegas, con concertos en Galicia nos próximos días

Esta semana ocupámonos de Pablo Lesuit e Ambigüo, dúas propostas galegas que se presentan en concerto nos próximos días. E tamén da cantautora francesa Laure Briard, que axiña visita Compostela e Vigo. 

Para despedir, damos conta do sorprendente cambio de Nathy Peluso, que deixa a música urbana e abraza o swing clásico para celebrar o Nadal. 

Pin It on Pinterest