Todas as colaboracións

Inaugúrase en Lugo a mostra ‘Eu sempre soñei ser a miña historia’

Na colaboración de Rosario Sarmiento presentamos a exposición ‘Eu sempre soñei ser a miña historia’, unha homenaxe ao artista José Vázquez Cereijo, que faleceu hai tres anos en Lugo, a súa cidade natal.

A mostra xa está aberta no Museo Provincial de Lugo.

Falamos do XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas

O XI Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas, no centro da colaboración de artes plásticas e visuais de Rosario Sarmiento. 

Falamos da exposición ‘We refugees’ do CGAC

Na sección de artes plásticas con Rosario Sarmiento falamos da exposición ‘We refugees’ do Centro Galego de Arte Contemporánea.

Falamos da mostra de fotografía contemporánea da colección Telefónica

Falamos con Rosario Sarmiento da mostra de Fotografía contemporánea da Fundacion Telefónica na Coruña. Trátase dunha moi interesante selección dos fondos fotográficos desta colección corporativa, unha das máis importantes de España.

A mostra do legado Carlos Maside en Compostela

Un total de 21 pezas de Carlos Maside, adquiridas polo Consorcio de Santiago con axuda da Deputación da Coruña, cumpren co desexo do propio artista de que a súa obra estivera en Compostela.

Alí pódense ver algúns dos cadros máis emblemáticos de Maside como “Muller sentada” ou “Costureira”. Falamos desta mostra na colaboración de arte con Rosario Sarmiento.

Ciencia e arte na XIV edición da Bienal de Lalín

Esta edición céntrase na vinculación entre arte e ciencia baixo o lema: “Menos é máis, máis ou menos”. O comisario é Álvaro Negro e participan artistas de dentro e fóra de Galicia como Jorge Barbi, Misha Bies Golas, Elena del Rivero, Esther Ferrer, Rubén Ramos Balsa ou Duane Michals, entre outros.

Falamos da mostra de fotografía ‘Refuxiadas’

A colaboración de arte con Rosario Sarmiento céntrase na mostra de fotografía Refuxiadas. Mónica González, Lorena Ros, Judith Prat e Natalia Sancha documentan o éxodo, a violencia e a desigualdade que miles de mulleres sofren no mundo.

Falamos da exposición ‘Jorge Cabezas is back’

Na sección de arte con Rosario Sarmiento comentamos a exposición ‘Jorge Cabezas is back’, na Fundación Luis Seoane.

Arturo Souto na galería Montenegro de Vigo

Rosario Sarmiento recoméndanos a exposición ‘Arturo Souto 1902-1964’ na galería Montenegro de Vigo.

Pin It on Pinterest