Todas as colaboracións

Chega a Cineuropa o día 23 de novembro, no Teatro Principal: “Longa Noite”, de Eloy Enciso

Chega a Cineuropa o día 23 de novembro, no Teatro Principal: “Longa Noite”, de Eloy Enciso. 

Con Beli Martínez falamos de violencia de xénero no cinema, en concreto, no cinema galego. 

 

Ata o 5 de xaneiro de 2020, o Museo Marco de Vigo acolle a mostra “O salón dos espellos” de Eduardo Gruber

Rosario Sarmiento fálanos da mostra “O salón dos espellos”, do pintor Eduardo Gruber (Santander, 1949). Ata o 5 de xaneiro de 2020 pódese visitar no Museo “Marco” de Arte Contemporánea de Vigo. 

A exposición fotográfica “A paisaxe e a súa pegada” volta a Compostela coa súa segunda parte

Rosario Sarmiento achéganos á exposición fotográfica “A paisaxe e a súa pegada”, que estará na Casa do Cabido en Santiago de Compostela ata o 31 de decembro. Nela, Xoan Soler, Andrea Costas, Eva Díaz e Denis Estévez amosan a súa particular visión do Camiño de Santiago e da cidade. 

O proxecto europeo “Invisible Wom@rts” está no Auditorio de Galicia ata o 15 de decembro

A mostra “Invisible Wom@rts”, un proxecto colaborativo de longa duración, procura a presenza igualitaria das mulleres na arte. Nela participan 32 artistas europeas de diferentes países, todas elas cun denominador común como punto de partida nos seus traballos: “O segundo sexo” de Simone de Beauvoir”. 

O proxecto estará no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, ata o 15 de decembro. 

Os mellores traballos do fotógrafo Norman Parkinson chegan á Coruña da man da Fundación Barrié

Rosario Sarmiento achéganos á obra de Norman Parkinson, un dos fotógrafos esenciais do S. XX. A Fundación Barrié leva os seus mellores traballos á Coruña ata o día 19 de xaneiro. 

Rosario Sarmiento achéganos á obra da galega Berta Cáccamo

Rosario Sarmiento achéganos á obra dunha artista que xa non está entre nós: de Berta Cáccamo, unha das creadoras contemporáneas máis interesantes da plástica galega.

 

 

Rosario Sarmiento lévanos de paseo pola obra de Christian Villamide

Rosario Sarmiento lévanos somérxenos na obra de Christian Villamide, un artista lugués multidisciplinar, escultor, pintor, fotógrafo e autor dunha exposición que estes días podemos ver no CGAC de Santiago de Compostela. 

 

 

‘Object and Painting’, o libro da artista Mar Vicente

Falamos do libro ‘Object and Painting’, da artista Mar Vicente. A obra contén dous textos de dúas historiadoras da arte: a suíza Patricia Grzonka e a historiadora xermana Barbara Oettl. Analizan o traballo e a traxectoria da artista dende ópticas diferentes desde o ano 2006 ata o 2018.

A publicación está formada por numerosas fotografías que ilustran a evolución do traballo de Mar Vicente nestes últimos anos.

Mar Vicente quixo que a primeira presentación en España se fixera na Fundación Laxeiro. Esta fundación outorgoulle unha Bolsa á creación artística que foi decisiva na súa carreira.

O traballo de Mar Vicente centrouse nos límites da pintura e as fronteiras entre esta e a escultura, caracterizouse por unha gran economía de elementos cromáticos e compositivos que utiliza de forma reiterada e fai identificable a súa obra.

Imos ata a exposición do artista Patrick Hamilton en Santiago

No programa de hoxe, Rosario Sarmiento falará do artista Patrick Hamilton, que ten a súa primeira exposición individual en Galicia, na Fundación DIDAC en Santiago

Artista cunha obra de carácter conceptual. O traballo de Hamilton desde finais dos anos noventa tivo como fío conductor a reflexión e cuestionamiento dos conceptos de traballo, desenvolvemento económico, mito e historia no contexto das últimas décadas en Chile, o país onde vive e traballa a cabalo con España.

Nesta mostra que aglutina baixo o nome de ‘El ladrillo II’, parte dun libro de política económica no que se estableceron as pautas do sistema de libre mercado que foi implementado en Chile pola ditadura militar. A partir do mesmo establece unha reflexión creativa poética, de gran potencia visual sobre conceptos como: equilibrio/desequilibrio, igualdade/desigualdade, regulación/ desregulación, individuo/comunidade. 

Pin It on Pinterest