Todas as colaboracións

Falamos da Festa da Carballeira de Zas

Repasamos hoxe os principais contidos musicais da que será a 36ª edición da Festa da Carballeira de Zas: Tanxugueiras, The Celtic Social Club, Korrontzi e Susana Seivane.

Ademais, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos o grupo Airiños Do Mar De Teis, que presentará o seu disco “Terras Irmás”.

Lévedo, un proxecto musical de Bouba e A Máquina de Mallar

Comezamos a colaboración de hoxe presentando a Lévedo, un proxecto de confluencia entre as propostas musicais das pandeireteiras Bouba e da Máquina De Mallar. O resultado é unha orixinal fusión de tradición e rock progresivo.

A continuación unha mostra das novas incorporacións ao cartel deste ano do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira: Stolen Notes e Andrés Penabad.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos o grupo Arxe, que presentará o seu primeiro traballo discográfico.

O grupo Arxe publicará o seu primeiro traballo discográfico

Ofrecemos hoxe a música do grupo Arxe que vén de superar o obxectivo marcado, nunha campaña de micro-mecenazgo, para a publicación do seu primeiro traballo discográfico.

Escoitamos tamén a proposta do trío Aghrúo e, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, ao grupo de Murcia: Túa e ao de Miranda do Ebro: Noites De Rock E Meigas.

Coñecemos música galega fóra das nosas fronteiras

Comezamos a colaboración de hoxe felicitando ao grupo salmantino Folk On Crest por ter gañado, co seu disco “10 Años En Directo”, o Premio MT ao Mellor Disco Folk 2019 do Reino de León.

A continuación músicas de orixe galega feitas fóra das nosas fronteiras, concretamente en Miranda Del Ebro polo grupo Noites De Rock E Meigas e en Euskadi por Folketan.

Como peche, estreamos hoxe a peza “Durmo Na Punta Dos Montes” que nos ofrecen Ana Fernández e Cristian Silva.

Escoitamos música composta para homenaxear a Antonio Fraguas

Ofrecemos hoxe dous agarimos musicais a Antonio Fraguas, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. A primeira delas é unha muiñeira composta por Rubén Troitiño que foi gravada conxuntamente por catro agrupacións de Cededo – Cotobade. A segunda unha peza, composta e interpretada por Samuel Soto.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos ao cuarteto Manseliña que nos presentarán o seu primeiro traballo discográfico no que traballaron con cantigas medievais e tradicionais do noroeste da península ibérica.

O 70 aniversario de ‘Cantigas e Frores’

Comezamos a colaboración de hoxe coa música de Cántigas e Frores e un adianto do que será o disco de celebración do seu 70 aniversario.

A continuación anunciamos a próxima presentación en directo do primeiro disco de MetalXis, que combina o son das gaitas e a zanfona coa proposta eléctrica do Heavy Metal.

Por último, como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos o disco homenaxe aos Campaneiros de Vilagarcía e a proposta musical do grupo de Murcia: Túa.

Escoitamos letras de Rosalía de Castro con música de José Niza

Estreamos hoxe unha homenaxe musical, do trío portugués Espiral,  ao grande “cantor de intervençâo” Adriano Correia De Oliveira. Unha peza ben coñecida, con letra de Rosalía de Castro e música de José Niza, que Fuxan os Ventos incluíra no seu disco Noutrora.

Tamén adiantamos unha das pezas que formarán parte do novo traballo discográfico do grupo Fiandola.

Por último, anunciando os contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, escoitamos as músicas de Henrique Otero “O Gaiteiro Do Fragoso”, Pablo F. Rial e Rafa Crespo.

Escoitamos a Xacarandaina e a Coral de Ruada

En primeiro lugar, escoitamos hoxe unha das pezas incluídas por Xacarandaina no traballo discográfico co que festexan o seu corenta aniversario.

Seguindo con aniversarios, escoitamos á Coral de Ruada que ofrecerá o vindeiro día 12 un concerto moi especial, dentro dos actos de celebración do seu centenario.

Adiantamos tamén un dos temas que formarán parte do novo disco dos Melidaos (unha das formacións que acompañarán o vindeiro venres á Coral de Ruada).

Por último escoitamos o son de Criatures, un dúo catalán que presentará o seu novo traballo, o vindeiro domingo, en Lume Na Pallleira.

Túa e Criatures, dúas propostas máis alá de Galicia

Ofrecemos hoxe, en primeiro lugar, dúas propostas musicais chegadas de fóra de Galicia: a dos murcianos Túa e a dos cataláns Criatures.

Tamén e como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos ás Leilía, que virán festexar connosco o seu trinta aniversario e a presentarnos a súa xira de celebración.

Tres propostas musicais: Maghúa, Ultreia e Tres Pesos

Repasamos hoxe as tres propostas musicais que participarán, esta semana, nun novo Serán en Compostela. Os protagonistas nesta ocasión serán: Maghúa, Ultreia e Tres Pesos.

Por último e como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo escoitamos a música de Caldo, que nos presentarán o seu primeiro traballo discográfico.

Pin It on Pinterest