Todas as colaboracións

Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo, Emilio Españadero achéganos o novo traballo de Tino Baz e da estrea discográfica do dúo Dapena & Martín

Como adianto dos contidos do Lume Na Palleira do vindeiro domingo ofrecemos hoxe os son do novo traballo de Tino Baz e da estrea discográfica do dúo Dapena & Martín.

Falamos ademais dun programa moi especial que Radio Galega Música emitirá (tamén o vindeiro domingo) no que se recolle unha parte das moitas e intensas experiencias vividas en terras cubanas co “Son Galego, Son Cubano Grand Tour 2019” de Roi Casal.

Emilio Españadero achéganos a Xan Pampín e o seu novo proxecto musical: “Ailá”

No “Lume na Palleira” de Emilio Españadero entrevistamos a Xan Pampín para que nos fale dun novo proxecto musical que acaba de ser presentado e que ten por nome: Ailá.

Emilio Españadero lévanos de viaxe por músicas internacionais

O “Lume na Palleira” viaxa ata Escocia, Irlanda, o Quebec, Xapón… todo un percorrido polas músicas internacionais. 

Emilio Españadero achéganos as novidades de Samuel Soto e o grupo The Skirls

Escoitamos hoxe dúas novidades musicais que nos ofrecen Samuel Soto e o grupo The Skirls.

Ademais, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira, escoitamos ás formacións que participarán na Xuntanza de Gaiteiros (organizada por Airiños De Fene) que na edición deste ano homenaxeará ao grupo La Musgaña.

Emilio Españadero achéganos ó último da música folk e de raíz dende o universo “Lume na Palleira”

Escoitamos varias mostras de música, con pouso galego, chegadas de fóra das nosas fronteiras: Túa (Murcia), Folk On Crest (Salamanca), Noites De Rock e Meigas (Miranda De Ebro) e Mitago (Barcelona).

Tamén, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira, escoitamos unha das pezas incluidas no libro-disco publicado pola Agrupación Abertal (da Rúa de Valdeorras) para festexar o seu 30 aniversario. Un traballo que presentarán o vindeiro domingo no programa.

Escoitamos irmandamentos musicais con Guadi Galego

Ofrecemos hoxe diversos irmandamentos musicais a cargo das voces femininas de Guadi Galego, Marina Rossell, Julia León e Gaizca Project.

Ademais, como adianto dos contidos do Lume Na palleira do vindeiro domingo, escoitamos unha das pezas incluidas no primeiro disco do grupo Os Escaravellos.

A agrupación Abertal publica un novo traballo

Comezamos hoxe a colaboración ao son da agrupación Abertal, da Rúa de Valdeorras, que veñen de publicar un libro-disco para festexar o seu trixésimo aniversario.

A continuación, ofrecemos noticias musicais de tres gaiteiros: Cristian Silva, Isidro Vidal e (desde a Arxentina) Santiago Molina.

Por último o protagonismo é para A Subela, de Noia, que o vindeiro domingo presentarán en Lume Na Palleira o seu novo disco “Con Zocas Novas”.

Escoitamos a grande fadista Maria Amélia Proença

Comezamos a nova tempada de colaboracións con moita música portuguesa e o protagonismo da grande fadista Maria Amélia Proença, o instrumentista Márcio Pinto homenaxeando ao Zeca Afonso e o propio José Afonso ao vivo en dúas gravacións históricas publicadas este mesmo ano.

Ademais, como adianto dos contidos do próximo Lume Na Palleira , ofrecemos unha das pezas incluidas polo grupo Os Melidaos no seu novo disco. Un traballo que presentarán no programa o vindeiro domingo.

Xulio Lorenzo presenta o seu novo traballo, ‘Volver Soñar’

En primeiro lugar escoitamos hoxe unha peza de orixe portuguesa que Xulio Lorenzo incluíu no seu novo traballo “Volver Soñar”, un disco que presentará o vindeiro domingo no programa Lume Na Palleira.

A continuación, aproveitando esa ollada ao veciño Portugal, ofrecemos dúas novidades discográficas do país veciño. En primeiro lugar o novo disco dun supergrupo no que se reunen os talentos de Celina da Piedade, Serafim, João Gil, Vicente Palma, Paulo Ribeiro, Sebastião Santos, Tim e Vitorino. Todos eles e ela forman osTais Quais.

Como peche escoitamos o novo disco dos Gaiteiros De Lisboa, un grupo xa histórico que nunha das pezas do seu novo traballo homenaxean ao gran Faustino Santalices.

Escoitamos o primeiro disco de Gonzalo Caride

Comezamos a colaboración de hoxe ao son do primeiro disco de Gonzalo Caride, un traballo que presentará no Lume Na Palleira do vindeiro domingo.

A continuación “rescatamos” algúns dos sons do pasado Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Concretamente o das dúas formacións gañadoras do Certame Runas (Dequenvessendo e Yuki Kojima Band) e o dos históricos Gwendal.

Pin It on Pinterest